Que? Nesta sesión construíremos unha caixa estenopeica que nos permitirá observar de xeito totalmente seguro o Sol e a vindeira eclipse do 12 de agosto. A Agrupación Ío achegará un modelo de caixa impresa que as persoas asistentes terán que recortar, dobrar e pegar seguindo as instrucións paso a paso. Ademais daranse informacións útiles para comprender e observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto.
Onde? Na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.
Cando? Domingo 12 de xullo de 2026 ás 17:00.
Como? Actividade gratuíta con entrada libre (prazas limitadas).