Presentación do IV Encontro da Noite e proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”
Que: presentación do IV Encontro da Noite e proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”, creado por Travis Novitsky, fotógrafo nativo americano, membro da nación Anishinaabe. O filme expón o impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite. Versión orixinal subtitulada en galego.
Onde: no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (edificio do Circo de Artesáns, primeiro andar, rúa Santo André, 36, 15003 A Coruña).
Cando: martes 16 de maio, Día Internacional da Luz, ás 19:30.