Curso de iniciación á astronomía
PRAZAS ESGOTADAS!
Que: curso de iniciación á astronomía impartido por Martin Pawley, socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Programa:
1ª sesión. O noso lugar no Universo: como cambiou ao longo da historia o noso coñecemento do cosmos. O firmamento: recoñecemento dalgunhas constelacións e manexo dun planisferio celeste (entregarase un planisferio ás persoas asistentes). Nomes galegos das constelacións.
2ª sesión. As estrelas: que son, como se forman, tipos fundamentais e evolución estelar. A contaminación luminosa.
3ª sesión. O sistema solar: planetas, planetas ananos e corpos menores. Eclipses de Sol e Lúa. Exoplanetas.
Cando: sábados 6, 13 e 20 de abril de 18:00 a 19:30.
Onde: no local da A. C. Alexandre Bóveda (r/ Santo André, 36, 1º andar, A Coruña).
Como: gratuíto, con prazas limitadas e inscrición obrigatoria a través deste formulario.