ACTUALIZACIÓN: Cancelada a excursión ao Observatorio Astronómico de Forcarei que tiñamos previsto celebrar o sábado 3 de decembro de 2016. Debido á mala previsión meteorolóxica vémonos na obriga de suspender outra vez a excursión: todas as fontes consultadas avanzan ceos totalmente cubertos na zona de Forcarei, con probabilidade alta de chuvia, e polo tanto non sería posíbel facer ningunha clase de observación.

Lamentamos as molestias que isto poida causar, mais entendemos que non ten sentido manter a actividade cando non se dan as mínimas condicións para poder disfrutar dela.

IMPORTANTE! A excursión ao Observatorio Astronómico de Forcarei que se ía celebrar no día de hoxe, sábado 26 de novembro, posponse para o sábado 3 de decembro de 2016 no mesmo horario (saída da praza da Palloza da Coruña ás 18.30h e regreso arredor das 2:00h).

A Xunta Directiva da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío tomou esta decisión debido ás predicións meteorolóxicas que prognostican unhas condicións desfavorábeis para a celebración da actividade. Desculpade as molestias que isto poida causar, mais polo momento non podemos controlar as nubes 😉

As persoas con praza reservada para hoxe conservan a praza para o próximo sábado se o desexan. A todas eles se lles enviou un correo electrónico coa información pertinente. Para resolver calquera outra dúbida, podedes contactar coa Agrupación Ío polos medios de contacto habituais.

– – – – –

O sábado 26 de novembro a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha observación astronómica no Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF) co apoio da Concellaría de Cultura, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña e coa colaboración da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

Grupo de astronomía dos obradoiros do Agora e Forum. Fotografía de Óscar Blanco.
Grupo de astronomía dos obradoiros do Agora e Forum. Fotografía de Óscar Blanco.

Esta actividade é de balde e aberta ao público, mais o número de prazas é limitado polo que é obrigatorio inscribirse. Haberá un autobús gratutíto para as persoas interesadas que sairá da Coruña ás 18:30h e regresará ao rematar a observación, con chegada prevista á Coruña arredor das 2am (o punto de saída e chegada do autobus é a Praza da Palloza. Tanto as persoas que desexen ir ao OAF no autobús disposto pola organización como as persoas que vaian polos seus propios medios deben ter praza adxudicada para poder participar na actividade).

Chegaremos ao OAF tralo anoitecer e os compañeiros da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) farannos unha visita guiada ás instalacións e equipamento do observatorio, así mesmo falarannos das súas liñas de traballo na divulgación científica e no estudo de estrelas variábeis, fotometría CCD e busca de exoplanetas. Visitaremos a cúpula do observatorio e realizaremos observación do ceo a simple vista e con telescopio na contorna.

Procedemento de inscrición:

  • Cubre o formulario online. Debe cubrirse un formulario para cada persoa que vaia participar na actividade (se sodes un grupo de xente que quere ir xunta podédenolo comentar no apartado “observacións e suxestións” do formulario de inscrición, pero debedes cubrir un formulario por cada unha das persoas interesadas). Os menores de 14 anos deben ir acompañados por un adulto maior de idade que os tutele (sendo necesario cubrir dous formularios de inscrición: o do menor de 14 anos e o do adulto acompañante). Os menores de idade que teñan entre 14 e 18 anos non precisan ir acompañados dun adulto que os tutele, pero o día da actividade deben levar unha autorización do pai, nai ou titor legal na que se indique de forma expresa un teléfono de contacto do adulto responsable.

Accede aquí ao formulario de inscripción.

  • Confirma a túa asistencia respondendo ao correo electrónico de adxudicación de praza. O luns 21 de novembro sobre as 9 da noite enviaremos un correo electrónico a todas as persoas inscritas na actividade, comunicándolles se teñen praza adxudicada ou están en listaxe de espera. As persoas con praza adxudicada deberán confirmar a súa asistencia seguindo as indicacións establecidas no correo que se lle remita. De haberen prazas vacantes realizarase unha segunda e terceira asignación de prazas o xoves 24 e o venres 25 de novembro respectivamente. En caso de nor termos resposta, asignaremos a praza á primeira persoa en listaxe de espera.

Recomendacións básicas:

  • O obsevatorio astronómico de Forcarei está afastado de núcleos urbanos, así que debes levar contigo todo o que precises para esa xornada. En particular, lembra levar comida e bebida (bocadillos, auga, froita) para cear na contorna do observatorio.
  • Pola época do ano na que estamos e pola altitude á que se atopa o observatorio, o natural é que de noite vaia moito frío, así que trae roupa de abrigo. Cando se poña o Sol as temperaturas descenderán moito e a roupa de abrigo será imprescindible (anorak, gorro, manta), non te confíes se polo día non é necesaria!
  • Contemplar o ceo nocturno require que o ollo se adapte á escuridade. Polo teu ben e o dos asistentes á actividade evita acender móbiles e lanternas durante a observación. E se queres estar menos exposto á luz artificial instala no teu smartphone algunha das aplicacións que recomenda Calidade do Ceo Nocturno!

Para calquera dúbida ou aclaración respecto desta activdiade podes poñerte en contacto coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no enderezo formacion@agrupacionio.com, na nosa páxina de Facebook www.facebook.com/agrupacionio ou comentando esta entrada.