CL-Coruña-LDO vindeiro domingo 13 de decembro ás 12:30 no MUNCYT da Coruña terá lugar unha nova sesión das charlas “Vermuncyt”, desta volta centrada no problema da contaminación luminosa. Baixo o título Moita luz deslumbra os ollos, verso da escritora galega Rosalía de Castro, terá lugar un encontro con Salvador Bará, doutor en física pola USC e profesor titular da área de Óptica nesa universidade, e Anna Almécija, xurista especializada en dereito ambiental. Dous expertos que abordarán as alteracións da escuridade natural polas emisións artificiais de luz dende dous puntos de vista diferentes, tanto a investigación científica máis actualizada sobre o asunto como a normativa xa existente e os mecanismos legais que poden empregar os cidadáns para esixir boas prácticas de iluminación.

Lembrade: a cita é este domingo. A entrada é libre, coa única limitación da capacidade da sala.