Vantaxes para socios

As seguintes empresas e entidades ofrecen vantaxes aos socios e socias da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Valkanik

Valkànik é unha empresa especializada na comercialización de todo tipo de material para a astronomía e a óptica instrumental. Ofrecen aos socios da nosa agrupación ata un 10% de desconto en todas as compras (para obter o desconto identifícate como membro da Agrupación Astronómica Ío no apartado de comentarios da folla de pedido da web e mantén a compra en estado pendente ata que desde Valkànik che fagan a adaptación do prezo, momento no que poderás proceder ao pagamento).

Libraría Azeta

azeta

A Libraría Azeta, situada na Praza González Dopeso da Coruña, colabora coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío achegando de maneira gratuíta material e servizos de reprografía ata un importe de 50 euros anuais para a agrupación. Ademais, a libraría ofrécelle aos socios e socias da agrupación as seguintes vantaxes para compras na tenda:

-5% de desconto en libro novo (máximo legal permitido), excluído libro de texto.

-10% de desconto en material escolar, material de oficina e material de debuxo e escritura; servizos de copistería, plastificados e encadernacións; larpeiradas (en venta por peso), bolsas de aniversario e festas.

Non hai desconto nos produtos non indicados (prensa e revistas, coleccións, cromos e recargas de telefonía e semellantes, entre outros).

Para beneficiarse destes descontos será preciso presentar o carné anual de socio.

Óptica Val

val

A Óptica Val, situada na rúa Santo Domingo da Calzada nº 5 en Santiago de Compostela, está especializada en instrumentos ópticos varios (telescopios, prismáticos, estacións meteorolóxicas... etc.) e tamén ofrecen asesoramento astronómico. Ademais, contan cun centro de especialización de astronomía, onde imparten cursos.

Como colaboración coa nosa agrupación, ofrecen aos socios un 10% de desconto en todas as compras.

Nortrek

nortrek600

Nortrek é unha tenda especializada en deportes de montaña con máis de 25 anos de traxectoria, situada na rua Inés de Castro 7, en A Coruña. Dispón de un amplo surtido de roupa técnica, calzado, accesorios e todo tipo de materiáis relacionados coas actividades de montaña, senderismo, trekking etc.

Ofrecen aos membros da agrupación un 10% de desconto na maioría dos seus productos (roupa, calzado, accesorios...), excepto libraría, produtos de oferta e material "duro" de escalada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *