AzetaA Libraría Azeta, situada na Praza González Dopeso da Coruña [ver mapa], colabora dende hoxe coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío achegando de maneira gratuíta material e servizos de reprografía até un importe de 50 euros anuais para a agrupación. Ademais, a libraría ofrécelle aos socios e socias da agrupación as seguintes vantaxes para compras na tenda:

-5% de desconto en libro novo (máximo legal permitido), excluído libro de texto.

-10% de desconto en material escolar, material de oficina e material de debuxo e escritura; servizos de copistería, plastificados e encadernacións; larpeiradas (en venta por peso), bolsas de cumpreanos e festas.

Non hai desconto nos produtos non indicados (prensa e revistas, coleccións, cromos e recargas de telefonía e semellantes, entre outros).

Para beneficiarse destes descontos será preciso presentar o carné anual de socio.