No ámbito do Ano Internacional da Astronomía 2009, a Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica de Portugal (Ciência Viva) patrocinou a produción dunha serie de 13 pílulas divulgativas que presentaban, nun minuto, diversos temas científicos vinculados á astronomía. Os vídeos estaban presentados por figuras coñecidas para o público portugués (actores, músicos, presentadores de televisión) e emitíronse moitas veces por semana na RTP. Ademais, ficaban na rede nun sitio específico no que, ademais, poden lerse artigos breves de astrónomos do país veciño.

Hai unos anos fixen traducións ao galego dos vídeos e agora, a través da utilísima ferramenta online Amara, púxenos na rede para que poidan empregarse con fins didácticos. Aquí vai o índice dos vídeos de 1 minuto de Astronomia, en portugués con subtítulos en galego:

Porque é a Astronomia importante?

Matéria negra

O fim do Sol

O legado de Galileu

Planetas extrasolares

Telescópios

Vía Láctea

Eclipses

Cometas

Buracos negros

Anos luz

Anéis de Saturno

Big Bang