A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza dous obradoiros de debuxo astronómico, un orientado a público infantil e outro orientado a público xuvenil-adulto. 

Actividade aberta ao público con inscrición previa, dende o 4 de febreiro de 2020 e ata esgotar prazas.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza ambas actividades, co preámbulo do XXIV Congreso Estatal de Astronomía que celebra dous concursos de debuxo astronómico aos que podedes presentar os vosos traballos ata o 29 de febreiro deste mes. Se queres saber máis información sobre os concursos do CEA recomendámosche ler as bases do Concurso de Debuxo Astronómico (adulto): https://xxivcea.es/es/concursos/#bases e a información específica para o concurso de debuxo astronómico infantil: https://xxivcea.es/es/concursos/#concursoinfantil

A docente do curso será Leonor Ana Hernández, sen dúbida unha das referentes do debuxo astronómico en España, con debuxos impecables e impresionantes, e unha gran labor divulgadora para devolverlle ao debuxo astronómico un gran valor para mellorar a observación visual e aprender a observar. En setembro de 2016 a editorial AstroMarcombo publicoulle o libro Debuxo Astronómico, o primeiro en español sobre esta temática. Ela será tamén xurado do Concurso de Fotografía e Debuxo Astronómico do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.

obradoiro infantil está orientado á iniciación ao debuxo astronómico para nenas e nenos de 6 a 13 anos, unha forma diferente de ver o ceo e aprender a observalo. A actividade, de carácter gratuito e aberta ao público, celebrarase o sábado 8 de febreiro de 2020, de 11:30h a 13:00h no auditorio do MUNCYT A Coruña.

Require inscrición previa, que debe realizarase a través do formulario: https://forms.gle/TSA5THRjSvpXbpYU9

 

obradoiro xuvenil – adulto servirá para aprender consellos e técnicas básicas para iniciarse no debuxo como ferramenta para apoiar a observación astronómica e axudar a xerar un recordo do observado. A actividade está pensada para persoas maiores de 14 anos. Terá lugar o sábado 8 de febreiro de 2020, de 16:30h a 18:30h no auditorio do MUNCYT A Coruña.

Actividade gratuita que require inscrición previa, debe realizarse a través do formulario: https://forms.gle/4jiweSEwmmrgWraA8

 

Colabora na organización destes obradoiros o MUNCYT da Coruña.