FirstOrbitEn 2011, no quincuaxésimo aniversario da primeira viaxe dun ser humano ao espazo, o cineasta británico Christopher Riley realizou un documental experimental que reproduce en tempo real a experiencia pioneira do cosmonauta soviético Iuri Gagarin a partir de imaxes contemporáneas tomadas polo astronauta italiano Paolo Nespoli dende a Estación Espacial Internacional. First Orbit (Primeira órbita), que así se chama o filme, inclúe ademais gravacións sonoras orixinais da misión Vostok 1 e a música creada por Philip Sheppard. O documental está dende entón dispoñíbel para visionado online de balde e pode tamén ser adquirido en formato DVD ou Blu-Ray. O lembrado escritor galego Agustín Fernández Paz escribiu sobre esta obra no blog que documentou a preparación da súa novela A viaxe de Gagarin.

Hoxe, 12 de abril, celébrase en todo o mundo a “noite de Iuri” para conmemorar o fito que na historia da humanidade supuxo a posta en órbita dunha nave tripulada. Nós sumámonos á efeméride achegando subtítulos en galego para First Orbit. Podedes ver o filme subtitulado en galego (tradución de Martin Pawley) aquí mesmo ou a través da plataforma Amara nesta ligazón. Bo proveito!

 

1 Comment

  1. Marisa Castiñeira 12 de Abril de 2017 at 17:56 05Wed, 12 Apr 2017 17:56:12 +020012.

    É precioso! Moitas grazas, pola difusión e esa traducción, venme moi ben para as clases (e para min claro:)