AlturaCeo

O venres 11 de marzo ás 19h terá lugar na Domus o acto de presentación do novo libro de Jorge Mira, ¿A que altura está o ceo?, escrito coa colaboración de María Canosa e con ilustracións de Dani Padrón. No acto, de entrada libre, participarán, ademais do autor, o concelleiro de culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande; o xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, Ángel Loureiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o editor, Henrique Alvarellos. Vémonos na Domus!