Charla “Gozando da noite. Primeiros pasos para iniciarse na astronomía”

Charla “Gozando da noite. Primeiros pasos para iniciarse na astronomía”

Cando: venres 5 de marzo ás 20:30

Onde: en liña a través dos canais do Grupo Naturalista Hábitat. Podes acceder directamente a Youtube nesta ligazón.

Imparte: Carmen Denébola Álvarez Seoane (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío).

Contido: nesta charla aprenderemos unhas primeiras pinceladas que nos permitan recoñecer as constelacións máis importantes que podemos ver a simple vista dende as nosas casas, así como algunhas ideas e ferramentas para gozar da noite cando poidamos volver a saír ao campo (como planificar unha noite de observación ou como usar un planisferio).

Máis información: no sitio web do Grupo Naturalista Hábitat.