Observación

O CEO HOXE

A Terra, en directo dende a ISS!

Se non ves nada, pode que a ISS estea pasando por unha parte do planeta na que agora mesmo é noite. A estación espacial internacional (ISS) tarda 90 minutos en dar unha volta completa á Terra, así que o máis probable é que se volves dentro dun anaco, poidas ver o amencer dende o espazo 🙂

Se queres saber exactamente por onde está a pasar agora mesmo e a dirección que leva, fai clic para averigualo nesta páxina.

O ceo agora mesmo sobre A Coruña

Máis abaixo atoparás unha representación de como está agora mesmo o ceo sobre A Coruña. Se está despexado e queres identificar algunha estrela, lembra empezar sempre buscando “o carro” na Osa Maior (Ursa Major), que na nosa latitude é visible todo o ano. Tamén é chamado “o cazo” e dende el localízase a estrela Polar (Polaris) que sempre apunta ao norte e leva guiando o rumbo a viaxeiros, mariñeiros ou peregrinos durante moitos, moitos anos.

Ursa_major

Polaris está no “carro” da Osa Menor (Ursa Minor), un asterismo moi semellante ao anterior pero menos visible a simple vista (principalmente pola contaminación luminosa que afecta hoxe en dia á gran maioría de ceos nocturnos). Para atopala, segue a liña que forman as dúas estrelas que están na parte frontal deste hipotético cazo. Máis ou menos a unha distancia equivalente a cinco veces a que hai entre esas dúas estrelas, atoparás a estrela Polar. Esta imaxe ilustra o xeito de localizala e acostuma a ser o primeiro que todos aprendemos ao achegarnos a esta afección.

estrella-polar

current night sky over La Coruña

RECURSOS DE ASTRONOMÍA

Estamos continuamente engadindo entradas ao Blog da agrupación, con novas, consellos, divulgación… Na categoría recursos atoparás algunhas que poden serte útiles.

A continuación queremos ofrecerte unha lista orientadora con ferramentas para gozar e aprender máis do ceo. Para moitos son xa vellas coñecidas pero os que están iniciándose na astronomía de seguro sacarán bo partido delas.

 

Documentación e Titoriais

Manual sobre manejo de telescopios – Elaborada por Ío. Unha guía moi completa para escoller o teu primeiro telescopio, manexalo e coidalo, ou para que os que xa son veteranos refresquen e redescubran conceptos.

Introducción a la Astrofotografía – Unha unidade didáctica elaborada polo Instituto Astrofísico de Canarias (Juan Carlos Casado e Miquel Serra-Ricart).

100 conceptos básicos de Astronomía – Elaborado pola Sociedad Española de Astronomía con motivo do ano Internacional da Astronomía 2009.

 

Software para explorar o ceo
Stellarium_icon

 STELLARIUM
Para Linux, Windows, e Mac, gratuíto e de código aberto. É coma ter un planetario no teu computador. Permite simular o ceo tras escoller unha localización e tempo concretos. Ten moitos obxectos por defecto e pódese ampliar con máis catálogos.

icon

 SKY CHART
Para Linux, WIndows e Mac, gratuíto e de código aberto. Ideal para construír as túas cartas celestes a medida e despois levalas a unha observación, escollendo cores, representacións, etiquetas… Gran número de datos de catálogos de estrelas ou nebulosas, planetas, asteroides e cometas.

celestia-icone-6620-128CELESTIA
Para Linux, Windows e Mac, gratuíto, de licencia GNU. Con el podes simular unha viaxe polo Sistema Solar, ou explorar a nosa galaxia. O seu catálogo de obxectos tamén se pode ampliar.