Observación en María Pita: Día Internacional de Observación da Lúa


Cartaz InOMN

O sábado 28 de outubro celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Observación da Lúa (InOMN). A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío súmase a esta convocatoria cunha observación pública da Lúa na Praza de María Pita da Coruña entre as 20 e as 22 horas. E para celebrarmos o 15º aniversario da agrupación (2002-2017), contaremos con 15 postos de observación, a maioría telescopios. Agardámosvos en María Pita!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com