O raio verde


O “raio verde”, “destello verde” ou “green flash” é un fenómeno óptico real provocado pola difracción e dispersión das ondas electromagnéticas do espectro visible da luz (arco da vella) durante os amenceres e solpores. A cor verdosa correspóndese coas ondas de lonxitude de onda media, que brilla neses instantes. As outras cores presentes, vermellos, azuis e violetas con lonxitudes de onda máis longas e máis curtas anúlanse e só queda a característica cor verdosa.

SITUACION GEOGRÁ

Neste vídeo podedes ver coma a Sol provoca unha serie de raios verdes, sobre todo ao final, na parte de cámara lenta. Foi realizado a carón do banco máis bonito do mundo, nos marabillosos acantilados de Loiba (A Coruña); vemos en primeiro plano uns dos “aguillóns” de Cabo Ortegal. A distancia entre o aguillón de Cabo Ortegal e a ubicación dos acantilados de Loiba son uns 10km en liña recta como podedes ver na imaxe anterior.

Os datos técnicos son os seguintes:

Cámara: nikon d750 en modo vídeo 1080p@60fps

Telescopio: TS optics 102ED con barlow 2X apo (1428mm de focal a f14)

Xavi Fonseca e Oscar Blanco (M1) falannos deste fenómeno: “Inmortalizando el rayo verde”

Tamén na wikipedia podedes ver máis detalles: Wikipedia “destello verde”

 

Alfredo Madrigal (M50)

2 comentarios en “O raio verde

  1. Muchas gracias! Al fin, una buena explicación y aún mejores imágenes … sobre todo después de haber salido algo en prensa sobre el RAYO VERDE. GRACIAS y saludos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com