obser– Será este venres, 6 de marzo, ás 20 horas

A charla será impartida polo astrónomo Josep María Bosch, que falará sobre corpos menores do Sistema Solar. Bosch forma parte do equipo docente do Observatorio del Teide e ten acreditados 313 descubrimentos de asteroides, entre eles o NEO de tipo apolo PHA 2009 ST19, o obxecto máis grande que máis se achegou á Terra.

Despois da charla haberá un coloquio dirixido por Fernando Jáuregui, astrofísico do Planetario de Pamplona.

A entrada é libre e gratuíta, até completar a capacidade do recinto. A actividade está organizada polos Museos Científicos Coruñeses e terá lugar no Planetario da Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita, A Coruña).