O ceo hoxe

A Terra, en directo dende a ISS!

Se non ves nada, pode que a ISS estea pasando por unha parte do planeta na que agora mesmo é noite. A estación espacial internacional (ISS) tarda 90 minutos en dar unha volta completa á Terra, así que o máis probable é que se volves dentro dun anaco, poidas ver o amencer dende o espazo 🙂

Se queres saber exactamente por onde está a pasar agora mesmo e a dirección que leva, fai clic para averigualo nesta páxina.

O ceo agora mesmo sobre A Coruña

Máis abaixo atoparás unha representación de como está agora mesmo o ceo sobre A Coruña. Se está despexado e queres identificar algunha estrela, lembra empezar sempre buscando "o carro" na Osa Maior (Ursa Major), que na nosa latitude é visible todo o ano. Tamén é chamado "o cazo" e dende el localízase a estrela Polar (Polaris) que sempre apunta ao norte e leva guiando o rumbo a viaxeiros, mariñeiros ou peregrinos durante moitos, moitos anos.

Ursa_major

Polaris está no "carro" da Osa Menor (Ursa Minor), un asterismo moi semellante ao anterior pero menos visible a simple vista (principalmente pola contaminación luminosa que afecta hoxe en dia á gran maioría de ceos nocturnos). Para atopala, segue a liña que forman as dúas estrelas que están na parte frontal deste hipotético cazo. Máis ou menos a unha distancia equivalente a cinco veces a que hai entre esas dúas estrelas, atoparás a estrela Polar. Esta imaxe ilustra o xeito de localizala e acostuma a ser o primeiro que todos aprendemos ao achegarnos a esta afección.

estrella-polar

current night sky over La Coruña