Mañá 28F, charla na UDC sobre contaminación luminosa


A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío foi convidada a participar no curso Educando para a sustentabilidade – Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio, organizado pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. O coordinador do grupo de traballo da agrupación sobre contaminación luminosa, Martin Pawley, impartirá mañá xoves 28 de febreiro ás 13:00 na ETS de Camiños, Canais e Portos unha charla co título Contaminación Luminosa. A noite é necesaria. A asistencia é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com