Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Xuño #2 

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Divulgado o Informe Final IAU100
2) IAU OAO anuncia os proxectos seleccionados no Plan de Financiamento NOC 2019/2020
3) Ábrese ao público o programa “Coñece os astrónomos e as astrónomas da IAU”
4) Eclipse anular de Sol visíbel en África, Asia e Oriente Medio o 21 de xuño de 2020
5) A Oficina IAU de Astronomía para a Educación anuncia oportunidades de colaboración
6) Anunciadas as persoas gañadoras de premios relacionados coa IAU
7) Parzaría para a divulgación en liña entre Slooh e a Sociedade Internacional de Planetarios
8) Plan de financiamento para a divulgación planetaria de Europlanet
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Tanto se estás nun país que devagar camiña cara ao desconfinamento, ou nun que segue baixo un estado de alarma para loitar contra a propagación da COVID-19, agardamos que sigas con boa saúde desde o noso último boletín.

Desde a nosa última mensaxe, pechamos as solicitudes para o programa “Telescopios para todas as persoas 2020” e agardamos con ansia a revisión das propostas e o envío dos 15 telescopios a todo o mundo. Prestade atención ás noticias en relación coas candidaturas gañadoras.

Nestas tres últimas semanas, a nosa oficina, as nosas oficinas irmás e a IAU anunciaron as persoas destinatarias de diversos premios, financiamento e oportunidades para traballar na astronomía. Este boletín dá conta tamén de varias oportunidades para que profesionais da astronomía e público en xeral poidan participar.

Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU

1) Divulgado o Informe Final IAU100

A IAU lanzou o informe final da celebración do seu centenario, IAU100. Millóns de persoas participaron nas celebracións globais a través de 5000 eventos en 143 países, e podes ler os aspectos máis destacados no informe.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20019/

2) IAU OAO anuncia os proxectos seleccionados no Plan de Financiamento NOC 2019/2020

A IAU OAO anunciou os proxectos organizados desde as Coordinacións de Divulgación Nacional (NOCs) que recibirán financiamento na primeira edición do Plan de Financiamento NOC. Os catro proxectos apoiados, que envolven a 14 NOCs, acontecerán en América do Sur, África e Asia máis ou menos ao longo do ano vindeiro, en función das medidas de seguridade públicas na rexión correspondente. Grazas ás 39 NOCs que participaron e fixeron propostas para este Plan de Financiamento NOC 2019/2020.

Máis información sobre os proxectos, aquí: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20017/

3) Ábrese ao público o programa “Coñece os astrónomos e as astrónomas da IAU”

A Oficina IAU de Divulgación da Astronomía dá a benvida ao profesorado e as persoas do campo da educación informal e a astronomía amadora ao noso programa “Coñece os astrónomos e as astrónomas da IAU” para que un astrónomo ou unha astrónoma membro do IAU participe nun encontro virtual co teu grupo.

Podes ler máis información aquí: https://www.iau.org/public/meettheiauastronomers/

4) Eclipse anular de Sol visíbel en África, Asia e Oriente Medio o 21 de xuño de 2020

Unha eclipse anular de Sol percorrerá África, Asia e Oriente Medio o 21 de xuño de 2020. Moitas NOCs están preparando sitios web e farán retransmisións ao vivo do evento. A OAO compartirá estas ligazóns no noso Facebook e Twitter cando estean dispoñíbeis.

Facebook IAU OAO: www.facebook.com/iauoutreach

Twitter IAU OAO: www.twitter.com/iau_outreach

5) A Oficina IAU de Astronomía para a Educación anuncia oportunidades de colaboración

A Oficina IAU de Astronomía para a Educación (OAE) ofrece dúas oportunidades para participar na súa programación:

-As institucións poden concorrer para acoller un Centro OAE ou un Nodo OAE. A data límite para postularse é o 10 de xuño de 2020.

-As persoas poden propoñerse de forma individual para ser parte do equipo de Coordinación Nacional de Astronomía para a Educación (NAEC) no seu país. Non hai data límite para estas propostas.

Máis información aquí: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20016/

6) Anunciadas as persoas gañadoras de premios relacionados coa IAU

A IAU anunciou as persoas gañadoras de diversos premios de investigación astronómica o mes pasado.

Aquí tes información sobre o Premio Gruber 2020: https://iau.org/news/pressreleases/detail/iau2003/

Información sobre o Premio Shaw 2020: https://iau.org/news/pressreleases/detail/iau2004/

Información sobre o Premio Kavli en Astrofísica: https://iau.org/news/pressreleases/detail/iau2005/

7) Parzaría para a divulgación en liña entre Slooh e a Sociedade Internacional de Planetarios

A Sociedade Internacional de Planetarios (IPS) e Slooh.com chegaron a un acordo para levar a rede de telescopios en liña de Slooh aos planetarios membros.

Máis información: https://www.ips-planetarium.org/news/508195/

8) Plan de financiamento para a divulgación planetaria de Europlanet

Europlanet acepta propostas para o seu plan de financiamento para a divulgación planetaria. O programa está orientado a financiar proxectos que envolvan o público coa ciencia planetaria. As persoas dos países que participan na Sociedade ou na Infraestrutura de Investigación Europlanet ou pertenzan a un estado membro da Unión Europea poden participar, mais valórase o potencial de escalada internacional dos proxectos. Admítense solicitudes até o 24 de xuño de 2020.

Máis información: https://www.europlanet-society.org/outreach/funding-scheme/#Call

9) Repositorio de actividades e recursos en liña

Recursos

Mapa planetario aberto
Fai mapas en liña dos planetas do Sistema Solar.
Ligazón: https://www.openplanetary.org/opm

“Alcanzar as estrelas”, encóntrate virtualmente con mulleres astrónomas a través da realidade aumentada
Ligazón: https://chandra.si.edu/women/ar/
Nota: accesíbel para persoas xordas ou con deficiencias auditivas. Inclúe subtítulos.

“Mulleres na Astronomía: unha guía de recursos de iniciación”
Escrito por Andrew Fraknoi
Ligazón: https://astrosociety.org/file_download/inline/c008f391-233f-4c3b-89ed-b41ae92336fc

Podes ver a listaxe completa de eventos e recursos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

O boletín é traducido aos seguintes idiomas:

-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).

-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao francés, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astronómica Haitiana, neste enderezo: https://haitiastronomie.blogspot.com/

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.