Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Xullo #2 

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Premios de divulgación en liña Astronomy@Home
2) Encontros aínda dispoñíbeis do programa Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU
3) Celebración en liña do IAUS 367
4) Remata o concurso en liña da NOC Madagascar
5) Información sobre o cometa NEOWISE da NOC de Costa Rica
6) Apoio médico en resposta á COVID-19 dos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional
7) A Sociedade Africana de Astronomía solicita información sobre os grupos de astronomía amadora
8) Campaña GALAXY CRUISE para clasificar 1000 galaxias
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Continúa a impresionarnos como as persoas que realizan divulgación en astronomía responderon ao cambio cara a eventos virtuais diante das dificultades que supón o distanciamento social. Tamén segue a ser impresionante como a investigación astronómica está a axudar na resposta á COVID-19. Este número do boletín destaca algúns destes proxectos de divulgación e investigación realizados polos membros da IAU e NOCs.

Tamén destacamos dous xeitos de participardes nos proxectos da Oficina de Divulgación da Astronomía: os premios en liña Astronomy@Home e o programa Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU.

Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

P.S.: como recordatorio semestral, por favor, lava as mans con xabrón durante 20 segundos, tapa a boca ao tusir e usa a máscara para axudar a retardar a propagación da COVID-19.

1) Premios de divulgación en liña Astronomy@Home

A data límite para participar nos premios de divulgación en liña Astronomy@Home é o 31 de xullo de 2020. Estes premios foron creador pola Oficina IAU de Divulgación da Astronomía para recoñecer a xente que fai divulgación astronómica neste tempo sen precedentes. As cinco categorías destes premios son: Evento máis innovador, Mellor evento familiar, Evento en liña destacado, Maior número de eventos en liña rexistrados por un mesmo grupo e Compromiso coa comunidade.

Máis información: https://www.iau.org/public/iauoutreachaward/

2) Encontros aínda dispoñíbeis do programa Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU

O programa Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU, organizado pola Oficina IAU de Divulgación da Astronomía, ten aínda aberta a oportunidade para que o profesorado, educadores e educadoras informais e clubs de astronomía poidan levar un astrónomo ou unha astrónoma membro da IAU a un encontro virtual coa súa clase ou grupo.

Máis información: https://www.iau.org/public/meettheiauastronomers/

3) Celebración en liña do IAUS 367

O IAUS 367 “Educación e patrimonio na era do Big Data en astronomía” celebrarase en liña do 8 ao 12 de decembro de 2020. O rexistro é agora gratuíto e foi estendida a data límite de envío de propostas.

Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/iaus367/

4) Remata o concurso en liña da NOC Madagascar

A coordinadora de divulgación nacional (NOC) en Madagascar organizou un concurso de preguntas en liña durante un mes para a poboación malgaxe. Houbo cinco finalistas que se enfrontaron na final durante unha fin de semana. Parabéns a Rakotondrainibe Ny Avo, Rabarisoa Antalia Ariel, Ramaromanana Nanie Larissa, Razanakoto Nampoina e Rabarison Dine por chegaren tan lonxe no certame e á NOC de Madagascar Zara Randriamanakoto polo éxito desta competición en liña sobre astronomía.

Máis información: https://www.facebook.com/DagoAstronomy/

5) Información sobre o cometa NEOWISE da NOC de Costa Rica

A nosa NOC en Costa Rica Alejandra León Castellá creou unha páxina web para axudar os observadores e observadoras da rexión a ver o cometa C/2020 F3 (NEOWISE). A páxina web contén diferentes recursos e mapas en español e seguirá actualizándose nas próximas semanas. Podes vela aquí: https://www.cientec.or.cr/articulos/cometa-neowise-c2020-f3

Grazas a Alejandra León Castellá por compartir este recurso connosco.

6) Apoio médico en resposta á COVID-19 dos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional

Moitos e moitas NOCs e membros da IAU, así como a Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento, implicáronse na busca de ventiladores para apoiar a resposta médica á COVID-19 en África do Sur a través do Observatorio Surafricano de Radioastronomía.

Podes ler máis información sobre o seu traballo aquí: https://www.dailymaverick.co.za/article/2020-07-07-from-telescopes-to-ventilators-how-the-countrys-engineers-and-designers-have-retooled-for-the-covid-19-crisis/?fbclid=IwAR2yiO6ziPeIvsa0pDMykDKAsXJ7bfc–3NQhumJ-GGDVnXF-5OQSjwhCSo#gsc.tab=0

Tes máis información sobre a resposta surafricana nesta ligazón: https://www.linkedin.com/pulse/long-term-covid-19-forecasts-south-africa-bruce-bassett/

Grazas a Nadeem Oozeer por compartir esta información connosco.

7) A Sociedade Africana de Astronomía solicita información sobre os grupos de astronomía amadora

O comité de divulgación da Sociedade Africana de Astronomía (African Astronomical Society, AfAS) está creando unha base de datos de todos os grupos de astronomía amadora en África para elaborar unha rede continental de asociacións e estreitar as conexións entre a astronomía profesional e a amadora en África.

A información sobre os grupos de astronomía amadora pode enviarse das seguintes maneiras:

Versión en inglés: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeU2NF0IR84aAwMYPEJSsSSbdDYH2ySlw7tEFvgwtdikIgJYw/viewform

Versión en francés (grazas a Amidou Sorgho): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdYQccgECW-v6DUVfVC_nQbyF1FF84EMthPmOiTmABw-R8ysA/viewform

Versión en portugués (grazas a Claudio Paulo): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8EesjWUOKw3Z55u2EuVHjawgfZU17VC2jinbqH7ZlpszR-Q/viewform

Versión en árabe (grazas ao ROAD árabe): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScsRkDO8BeI5Vus4lV-w-pqwCnC6D6ebwG-yjc0y6XPRAgNCQ/viewform

Grazas a Niruj Ramanujan por compartir esta información.

8) Campaña GALAXY CRUISE para clasificar 1000 galaxias

GALAXY CRUISE (Cruceiro galáctico), un proxecto de ciencia cidadá en liña do Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ), promove a campaña “Clasifica 1000 galaxias en 1 mes”, a partir do 1 de agosto. As persoas que participen poden gañar medallas virtuais especiais se clasifican 300, 500 e 1000 galaxias que se sumen ás xa 510000 galaxias clasificadas.

Máis información aquí: https://galaxycruise.mtk.nao.ac.jp/en/

9) Repositorio de actividades e recursos en liña

Recursos

NASA Space Place
Moitas actividades diferentes sobre astronomía e o espazo
Ligazón: https://spaceplace.nasa.gov/

Imaxe Astronómica do Día
Unha nova imaxe astronómica coa súa descrición cada día
Ligazón: https://apod.nasa.gov/apod/

ESA Kids
Contidos sobre astronomía e o espazo da Axencia Espacial Europea
Ligazón: http://www.esa.int/kids/en/learn

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.