Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Setembro #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Número especial do CAPjournal sobre comunicación da astronomía en tempo de confinamento
2) Presidencia da IAU: apoio a proxectos que mitiguen os efectos da pandemia
3) Divulgación para o desenvolvemento: Astronomía nunha caixa de zapatos, Canadá
4) Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU
5) Campaña de outubro de 2020 de Globe at Night
6) Segundo obradoiro Shaw – IAU sobre astronomía para a educación
7) Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade
8) Semana Mundial do Espazo 2020
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

A Semana Mundial do Espazo é unha celebración do espazo declarada pola ONU que ten lugar cada ano do 4 ao 10 de outubro. A edición de 2020 está dedicada aos satélites baixo o tema “Os satélites melloran a vida”. É unha oportunidade importante para que a nosa comunidade discuta os beneficios dos satélites para a sociedade e resalte o impacto negativo que as constelacións de satélites poden ter sobre as observacións astronómicas e o aspecto prístino do ceo nocturno en zonas escuras. Podedes ler logo algúns dos recursos e actividades dispoñíbeis.

Neste número do noso boletín, animámosvos a que vos unades ao programa Meet the IAU Astronomers! e que organicedes unha charla ou un encontro cun astrónomo ou astrónoma da IAU; que vos sumedes ás campañas Globe at Night de outubro e envíedes unha proposta para o próximo número especial do CAPjournal.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) Número especial do CAPjournal sobre comunicación da astronomía en tempo de confinamento

Neste tempo de confinamento, mentres o mundo loita para conter a propagación da COVID-19, xente de todo tipo e con diversos niveis de experiencia en comunicación pública organizou eventos de astronomía para manterse en contacto coas súas comunidades. Agora, o CAPjournal busca contribucións de grupos ou individuos para un número especial que compartirá as historias detrás desas iniciativas de divulgación que seguen levando ao público ciencia e astronomía durante a pandemia.

Podedes ler o anuncio completo aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20033/

2) Presidencia da IAU: apoio a proxectos que mitiguen os efectos da pandemia

En resposta ao impacto devastador do COVID-19 na sociedade, a IAU tomou medidas para mitigar algúns destes efectos negativos. Mais os nosos recursos son limitados. Necesitamos urxentemente a vosa axuda para garantir que outros programas valiosos poidan acceder ao financiamento neste momento desafiante. O noso obxectivo é chegar a 40.000 €, o que nos permitiría duplicar os recursos que até agora comprometemos para axudar á comunidade neste momento crítico.

Máis información: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20030/

3) Divulgación para o desenvolvemento: Astronomía nunha caixa de zapatos, Canadá

O obxectivo deste proxecto financiado pola OAD é achegarlle actividades educativas en diferentes idiomas ás familias con poucos recursos que non teñen acceso a Internet. Proporciónase unha “caixa de zapatos” ou caixa pequena e compacta con varias follas de actividades, follas de instrucións (para adultos) e algúns materiais básicos de actividades manuais relacionados coa actividade. Estas caixas distribuiranse nos bancos de alimentos locais da zona do Gran Toronto en Canadá e permitirán que as familias descubran as marabillas do espazo e da astronomía e traballen xuntos en equipo.

Podedes ler máis sobre o proxecto nesta ligazón: http://www.astro4dev.org/blog/2020/09/10/astronomy-in-a-shoebox/

Este proxecto foi financiado pola Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento da IAU, baixo a “Convocatoria extraordinaria pola COVID-19”. Tedes máis información sobre a convocatoria aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20028/

4) Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU

Animamos o profesorado, equipos de educación non formal e astrónomos e astrónomas amadores a que organicen encontros virtuais con profesionais da IAU para que falen con estudantes, pais e nais e público xeral sobre a astronomía, a importancia da astronomía para a sociedade e que elixan a astronomía como carreira.

Máis información sobre o programa: https://www.iau.org/public/meettheiauastronomers/

5) Campaña de outubro de 2020 de Globe at Night

Globe at Night é unha campaña mensual de ciencia cidadá que rastrexa os efectos da contaminación luminosa no noso ceo nocturno. A campaña de observación de outubro vai do 8 ao 17 deste mes.

Máis información: https://www.globeatnight.org/

6) Segundo obradoiro Shaw – IAU sobre astronomía para a educación

O segundo obradoiro de Astronomía para a Educación Shaw-IAU celebrarase en liña os días 6 e 9 de outubro de 2020. O evento foi organizado pola Oficina de Astronomía para a Educación da IAU (OAE) cun xeneroso financiamento da Fundación Shaw Prize e a súa celebración será totalmente virtual.

O anuncio completo pode lerse aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20031/

7) Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade

A Unión Astronómica Internacional (IAU) apoia o obradoiro Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade. Organizado conxuntamente coa Oficina das Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e o Goberno de España, o obradoiro virtual abordará a mitigación da contaminación luminosa para a investigación e o benestar humano. Terá lugar do 5 ao 9 de outubro de 2020. A inscrición pecha o 30 de setembro de 2020.

Máis información: http://research.iac.es/congreso/quietdarksky2020/pages/home.php

8) Semana Mundial do Espazo 2020

A Semana Mundial do Espazo é unha celebración anual do espazo declarada pola ONU, que ten lugar cada outubro entre os días 4 e 10. Os eventos están organizados por institucións de todo o mundo, incluídas axencias espaciais, empresas aeroespaciais, clubs de astronomía e museos. A edición da Semana Mundial do Espazo 2020 está dedicada aos satélites baixo o tema “Os satélites melloran a vida”. É unha oportunidade importante para discutirmos os beneficios dos satélites para a sociedade e resaltarmos o impacto negativo que as constelacións de satélites poden ter nas observacións astronómicas e na preservación do ceo nocturno das rexións que conservan a escuridade.

Podes participar no obradoiro en liña “Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade”, do 5 ao 9 de outubro de 2020. Un día do obradoiro dedicarase ao impacto das constelacións de satélites na astronomía e ás recomendacións de regulamentos. É necesario rexistrarse.

Tamén podes acceder aos informes “Impacto das constelacións de satélites na astronomía óptica e recomendacións para a súa atenuación”:

Informe principal: https://noirlab.edu/public/products/techdocs/techdoc003/

Apéndices (con todos os informes dos grupos de traballo): https://noirlab.edu/public/products/techdocs/techdoc004/

E vídeo da conferencia de prensa: https://www.youtube.com/watch?v=VCyE8BNYIKM

Tamén podes ler a Declaración da IAU sobre o impacto das constelacións de satélites e o noso Tema IAU. Animámosvos a que vos unades ás discusións.

Descubre máis sobre a Semana Mundial do Espazo 2020 en https://www.worldspaceweek.org/world-space-week-highlights/

9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19

AstroEDU
Leccións sobre astronomía con revisión por pares en varias linguas
Ligazón: https://astroedu.iau.org/en/collections/

Fotografía astronómica do día
Unha nova fotografía astronómica coa súa descrición cada día
Ligazón: https://apod.nasa.gov/apod/

Cruceiro galáctico
Proxecto de ciencia cidadá sobre astronomía
Ligazón: https://galaxycruise.mtk.nao.ac.jp/en/index.html

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.