Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Outubro #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Acéptanse candidaturas para facerse membro da IAU
2) Gravacións do obradoiro “Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade”
3) Serie de charlas en liña da IAU “Astrónom@s no inicio da carreira”
4) Paquete de ferramentas dixitais SpaceEU
5) A Universidade de Leiden publica propostas de investigación rexeitadas
6) Microaxudas COVID-19 de Science Sandbox
7) Mesa redonda da Sociedade Astronómica Africana sobre o Premio Nobel de Física 2020
8) 31 de outubro, Día da Materia Escura
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

A nosa oficina está empezando a planificar as iniciativas de divulgación impulsadas pola IAU en 2021 e temos que dicir que sería unha gran satisfacción que participedes nalgúns destes eventos, así que prestade atención pois iremos desvelando máis noticias nas próximas semanas.

Neste número do boletín, estamos felices de compartir varias charlas pasadas e próximas, incluída unha sobre o Premio Nobel de Física 2020 e unha serie sobre astrónomos e astrónomas no inicio da súa carreira. A Universidade de Leiden, nos Países Baixos, comparte dous valiosos recursos coa comunidade. Por último, o Día da Materia Escura celébrase nuns poucos días e neste número damos conta desta efeméride.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) Acéptanse candidaturas para facerse membro da IAU

A Unión Astronómica Internacional (IAU) acepta solicitudes de novas incorporacións como membros individuais, junior e honorarios. Os e as solicitantes deben cumprir algúns requisitos de elexibilidade para a súa aceptación. As solicitudes deben recibirse antes do 15 de decembro de 2020.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann20035/

2) Gravacións do obradoiro “Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade”

A Oficina das Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) publicou as gravacións do obradoiro “Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade” que se celebrou conxuntamente coa Unión Astronómica Internacional (IAU). O obradoiro reuniu astrónomos e astrónomas, profesionais da industria e público xeral para discutir o impacto das tecnoloxías emerxentes sobre os nosos ceos escuros e tranquilos.

Podedes velos aquí: https://www.youtube.com/playlist?list=PLaOqa4cng0GFqc1epTy3XTInKqoLjVqlS

3) Serie de charlas en liña da IAU “Astrónom@s no inicio da carreira”

O grupo de traballo de astrónomos e astrónomas junior da IAU está a desenvolver actualmente a serie de charlas en liña da IAU “Astrónomos e astrónomas no inicio da carreira”. A serie comezou o 15 de outubro e prolongarase até novembro. É necesario inscribirse en cada charla. Calquera astrónomo ou astrónoma no inicio da súa carreira pode unirse.

Podes ver o grupo de traballo de membros junior da IAU en twitter para obter información actualizada: https://twitter.com/IAUJuniorMember

4) Paquete de ferramentas dixitais SpaceEU

SpaceEU, un proxecto financiado con fondos europeos, lanzou o paquete de ferramentas dixital “Engage with Space” dirixido a escolas, centros xuvenís, museos, universidades, ONG e espazos de aprendizaxe informal, para atraer os grupos coas marabillas do espazo. O paquete inclúe unha exposición, así como actividades de educación e divulgación.

Máis información: https://www.space-eu.org/toolkit?fbclid=IwAR0EPoORnBw-hgrrY_TskMCxA8nfg_QxjH09_JOVbdxTXg0rJi9-psnQRU4

Grazas a Jorge Rivero por compartir esta noticia.

5) A Universidade de Leiden publica propostas de investigación rexeitadas

O grupo Astronomía e Sociedade da Universidade de Leiden fixo públicas as propostas de investigación rexeitadas para a comunidade poida deseñar propostas de máis éxito.

Podedes ler máis información aquí: https://www.universiteitleiden.nl/en/news/2020/10/how-the-scientific-community-can-learn-from-failures

Grazas a Pedro Russo por compartir esta noticia.

6) Microaxudas COVID-19 de Science Sandbox

Science Sandbox reparte 25.000 dólares en subvencións a organizacións sen ánimo de lucro nos EEUU enfocadas no compromiso científico que afronten desafíos operativos e de persoal debido á pandemia da COVID-19. As organizacións deben ter recoñecido o status 501 (c) (3) e estar en liña coa misión de Science Sandbox. As solicitudes deberán presentarse até o 26 de outubro.

Máis información: https://www.simonsfoundation.org/2020/10/12/announcing-covid-19-microgrants-for-nonprofits-that-promote-science-engagement

7) Mesa redonda da Sociedade Astronómica Africana sobre o Premio Nobel de Física 2020

A Sociedade Astronómica Africana organizou unha mesa redonda sobre o Premio Nobel de Física 2020 concedido a Roger Penrose, Reinhard Genzel e Andrea Ghez polas súas contribucións á investigación do buraco negro.

Podedes vela aquí: https://youtu.be/-6DpJfHuYmA

8) 31 de outubro, Día da Materia Escura

O Día da Materia Escura celebrarase o 31 de outubro. Este día celebra un dos asuntos máis misteriosos do universo. A nosa NOC Arxentina Beatriz García participará nalgúns eventos en liña.

Sitio web oficial do Día da Materia Escura: https://www.darkmatterday.com/

Anuncio da NOC Arxentina: http://sion.frm.utn.edu.ar/NOC-Argentina/

9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19

Recursos

Actividades para imprimir do Observatorio Las Cumbres:
Ligazón: https://lco.global/education/resources/print/

Libro de banda deseñada de ALMA
Ligazón: http://kids.alma.cl/follow-almas-discoveries-along-with-talma/

Modelo en papel do Large Millimeter Telescope (LMT)
Ligazón: https://langtm.org/images/gtm_modelo_3D.pdf

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.