As festas de inverno son a celebración do triunfo do Sol sobre a escuridade, da luz que pouco a pouco gañará sobre as tebras, da fertilidade sobre a aridez. Que este ano sexa tamén de celebración da alegría sobre a tristeza, do coñecemento sobre a ignorancia.

Non deixes de mirar as estrelas. Vémonos en 2021!

Deixámosvos un pequeno agasallo: a conversa con Jocelyn Bell, descubridora dos púlsares, coa astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla. Podes vela en versión orixinal con subtítulos en galego e castelán ou dobrada ao castelán (coa axuda desinteresada de Trémola Teatro). Unha colaboración da Agrupación Ío e os Museos Científicos Coruñeses para o XXIV Congreso Estatal de Astronomía.