“Astroquímica: dos átomos á orixe da vida” – CORUÑA CIENTÍFICA 2018


20181109_Cartel conferencia Asunción Fuente

NOTA DE PRENSA

Asunción Fuente impartirá a conferencia “Astroquímica: dos átomos á orixe da vida”, o 9 de novembro ás 19:00 horas na Centro Cívico Cidade Vella.

O 9 de novembro, a investigadora Asunción Fuente impartirá un relatorio sobre a orixe estelar da vida, que se celebrará ás 19:00 h. no Centro Cívico Cidade Vella e ten carácter gratuíto.

A astroquímica Asunción Fuente falará o próximo 9 de novembro da fascinante viaxe que seguiron os átomos do noso corpo dende a súa formación no interior dunha estrela hai miles de millóns de anos ata chegar a formar parte dun ser vivo.

Para poder investigar este proceso, é necesaria a colaboración de científicos e científicas de distintas ramas da ciencia, como a astronomía, a química e a bioloxía. A astroquímica, ciencia da que Asunción é especialista, céntrase no primeiro tramo desta viaxe, a que vai dende os átomos aos primeiros aminoácidos que apareceron na superficie da Terra.

María Asunción Fuente Juan é doutora en Ciencias Físicas pola Universidade Autónoma de Madrid dende 1992. Ese mesmo ano incorporouse como astrónoma ao Observatorio Astronómico Nacional, onde leva 26 anos investigando en formación estelar e astroquímica. Durante todo este tempo compatibilizou a súa labor como investigadora con actividades de divulgación.

Esta conferencia é a segunda do ciclo “Coruña científica” para o ano 2018. Esta iniciativa, que a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío estreou o ano pasado, pretende falar sobre diferentes áreas da astronomía dun xeito ameno e da man dalgúns dos maiores expertos da materia que hai no noso país.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío constituíse en 2002 como resposta á inquedanza dun grupo de afeccionados á astronomía co dobre obxectivo de gozar do ceo estrelado e contaxiar esa paixón a outras persoas. Nestes dezaseis anos foi crecendo paulatinamente e nos últimos tres duplicou a cifra de persoas asociadas. Na actualidade, está formada por máis de 170 socios. É a asociación deste tipo con maior número de membros de Galicia e a sétima de España.

Logo Ayto Coruña

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com