Logotipo Agrupación Ío NegativoEn solidariedade coas vítimas do atentado de hoxe en Barcelona e as súas familias, e en xeral coa veciñanza toda desa cidade, o Concello da Coruña acordou suspender todos os actos festivos previstos para mañá, venres 18 de agosto. Queda, pois, cancelada a actividade do programa “A Nosa Estrela” que debía celebrarse o venres pola mañá no Castrillón no marco das festas do barrio.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío súmase á mensaxe de condena a este acto de barbarie e expresa o seu apoio a todas as persoas que sofren a violencia filla do odio e o fanatismo.