IAU Boletín BlogBoletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Febreiro 2017 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) 17 corpos menores designados polos gañadores do concurso NameExoWorlds
2) Resultado da convocatoria anual do OAD para 2017
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Chile
4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Italia
5) Astrobioloxía
6) Rede brasileira de noticias astronómicas
7) 15º Festival Nacional de Astronomía Popular
8) Experimento de Eratóstenes
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

O resultado da convocatoria de apoios OAD 2017 veñen de ser anunciados, e agora podemos saber máis dos fascinantes novos proxectos que van ser implementados en todo o mundo. Neste boletín faremos periodicamente mención de cada un destes proxectos e convidarémosvos a disfrutar e descubrir máis.

Os gañadores do Concurso IAU 2015 de Denominación de Exoplanetas, ademais de poñeren nome de forma oficial a exoplanetas, tiveron un premio adicional: ofrecéuselles a posibilidade de poñerlles nomes a corpos menores do sistema solar, e o resultado xa se publicou!

Neste número queremos salientar a eclipse solar de Chile e Arxentina do 26 de febreiro -se tes oportunidade, non o perdas, e aproveita a ocasión de compartir a túa experiencia coa comunidade internacional. Alxeria acollerá un do maiores festivais astronómicos para o público xeral en África, e Italia hospeda na actualidade a nova exposición no Telescopio Espacial Hubble.

Feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) 17 corpos menores designados polos gañadores do concurso NameExoWorlds

En 2015 a IAU organizou o concurso NameExoWorlds (ponlle nome a exoplanetas), que lle deu por primeira vez oportunidade ao público xeral de propoñer nomes aos exoplanetas e as súas estrelas. Como resultado, os nomes de 19 exoplanetas foron elixidos por votación popular, e como recompensa os gañadores tiveron ademais a opción de poñerlle nome a corpos menores do noso sistema solar. A IAU, a través da súa División F Grupo de Traballo de Nomenclatura dos Corpos Menores, aprobou recentemente os novos nomes dos 17 corpos logo de que os gañadores fixesen as súas propostas.

Podes mirar a listaxe completa e detalles dos nomes aquí: https://www.iau.org/news/pressreleases/detail/iau1701/

2) Resultado da convocatoria anual do OAD para 2017

Rematou a quinta edición da convocatoria de propostas da IAU – Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) e vinte proxectos foron seleccionados para recibir financiamento en 2017. A convocatoria recibiu un total de 127 proxectos iniciais que foron avaliados pola OAD e as súas oficinas rexionais, que achegaron suxestións de colaboracións e melloras. A OAD recibiu despois proxectos finais na data límite do 15 de setembro de 2016. Os tres grupos operativos revisaron todas as solicitudes e propuxeron as súas recomendacións ao Comité Asesor, que aprobou a listaxe final de proxectos. A achega total que será repartida entre os proxectos apoiados será de 106207 euros.

Podes atopar a listaxe de proxectos aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann17009/

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Chile

a) Información da eclipse anular e parcial

O domingo 26 de febreiro de 2017, arredor das 10:30 am, a xente de Chile terá a oportunidade de ver unha eclipse parcial de Sol (anular na zona de Aysén e Coyhaique). O Núcleo de Astronomía da Universidade de Diego Portales (UDP) compilou información -en español- sobre este incríbel fenómeno natural que cruzará a Patagonia chilena e arxentina na súa fase anular, así como consellos de como observar o Sol con seguridade e os danos potenciais de mirar o Sol directamente.

Máis información (en español): http://astronomia.udp.cl/es/eclipse-solar-anular-en-chile-26-de-febrero-2017/

b) “Más allá de las estrellas”, libro de astrofotografía (en español)

A rexión de Coquimbo en Chile ten un ceo nocturno magnífico, ideal para a astrofotografía. É, porén, un dos menos coñecidos sitios de observación de calidade de Chile. Co obxectivo de animar á xente de Chile a coñecer e aprezar este impresionante legado, o autor Manuel Paredes publicou o primeiro libro de astrofotografía enteiramente producido en Chile. Más allá de las estrellas está cheo de grandes imaxes dos ceos sobre a IV Rexión, e está dispoñíbel gratuitamente para todos.

Descubre máis sobre este recurso gratuíto aquí a través do Portal Astronómico, ou aquí vía Comunidad Astronómica Aficionada Chilena. Está dispoñíbel para descarga a través da ligazón http://www.masalladelasestrellas.cl/

4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Italia

a) Exposición do Telescopio Espacial Hubble NASA/ESA: o noso lugar no espazo

Durante 26 anos, o Telescopio Espacial Hubble NASA/ESA estivo expandindo o noso horizonte cósmico. Ao capturar un número astronómico de imaxes, Hubble revelou e compartiu a beleza, a marabilla e a complexidade do universo. O 1 de febreiro de 2017 unha nova exposición chamada O noso lugar no espazo abriu en Venecia, Italia. Presenta unha viaxe visual asombrosa do noso sistema solar aos límites do universo coñecido, ademais de obrs inspiradas polo Hubble de artistas italianos contemporáneos. Esta nova exposición itinerante estará até o 17 de abril de 2017 no Istituto Veneto de Scienze, Lettere ed Arti, no Palazzo Cavalli Franchetti, en Venecia, Italia.

Máis información e imaxes, nesta ligazón: http://www.spacetelescope.org/news/heic1701/

5) Astrobioloxía

Xa está aberto o rexistro para Astrobioloxía 2017, un encontro de investigación da Comisión F3 da IAU. A conferencia terá lugar na Patagonia chilena en Coyhaique do 26 de novembro ao 1 de decembro de 2017. En favor dun debate verdadeiramente multidisciplinar, a organización dá a benvida a investigadores nas fronteiras da ciencia nos campos da astronomía, ciencia espacial e planetaria, química, bioloxía, xeoloxía, filosofía, socioloxía e cuestións éticas, entre outros. Destacamos en particular os asuntos relacionados cos aspectos éticos e sociais da astrobioloxía e a educación en astrobioloxía. Podedes inscribir as vosas contribucións até o 28 de xullo.

Máis información sobre esta conferencia da IAU aquí: http://www.astrobiology2017.org

6) Rede brasileira de noticias astronómicas

Este proxecto financiado en 2017 polo Grupo Operativo 3 – Divulgación pública satisfai dúas necesidades no Brasil -a alfabetización científica e a concienciación pública respecto da ciencia nacional- ao establecer unha rede de astrónomos interesados na divulgación pública que actúan coma ligazón entre os astrónomos brasileiros e a prensa. Os membros promoverán de forma activa a aparición de investigación nacional na prensa para compensar a desequilibrada cobertura de noticias astronómicas internacionais; isto atraerá maior atención á ciencia brasileira e idealmente estimulará a máis estudantes a desenvolver carreiras científicas.

Tedes máis detalles deste proxecto aquí: http://www.astro4dev.org/blog/2017/02/07/overview-of-project-renastro/

7) 15º Festival Nacional de Astronomía Popular

Alxeria acollerá axiña un dos maiores encontros de África de astronomía amadora, que terá lugar entre o 23 e o 25 de marzo en Constatina. O tema deste ano é “O universo en todas as longuras de onda – para explorar un universo colorido, explicar os matices dos corpos celestes que desvela a astrofísica, mirar máis alá do noso vecindario solar…” Dende 2001, os Festivais Nacionais de Astronomía Popular celébranse para beneficio do público xeral e unha vez máis haberá moitas actividades, incluídas sesións con máis contido científico e para o púbico xeral. Os participantes internacionais poden facer proposta nesta ligazón.

Podes atopar máis información aquí: http://siriusalgeria.net/salon017.htm

8) Experimento de Eratóstenes

O 21 de marzo as escolas de todo o mundo participarán no experimento de Eratóstenes para rexistrar datos e calcular a circunferencia da Terra. Este ano o experimento terá lugar un día despois do equinoccio de primavera (luns 20 de marzo de 2017) ás 10:29 UTC. O programa pretende emparellar escolas que rexistren as súas coordenadas e detalles de contacto para que poidas conectar unha coa outra o día do experimento.

Máis información: http://eratosthenes.ea.gr/

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
Data: do 11 ao 13 de abril de 2017
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

Datas importantes

13º Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data límite para o envío de propostas: 1 de marzo de 2017
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan.
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

Próximas actividades

a) Obradoiro Internacional “Data to Dome” (Datos á Cúpula)
Data: 2 e 3 de marzo de 2017
Lugar: Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xapón
Máis información: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/index.html

b) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: do 5 ao 7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html

c) Congreso de Imaxes de Ceo Profundo de Europa Central (CEDIC)
Data: do 10 ao 12 de marzo de 2017
Lugar: Linz, Austria
Máis información: http://www.cedic.at

d) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/

e) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

f) Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
Data: do 11 ao 13 de abril de 2017
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

g) Noite de Yuri
Data: 12 de abril
Lugar: en todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/

h) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home

i) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

l) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

m) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

n) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

ñ) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

o) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

p) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

q) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

r) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

s) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

t) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

u) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.