IAU Boletín BlogBoletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Febreiro 2017 #1

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Boletín #15 da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento
2) 13º Encontro Rexional IAU Asia-Pacífico (APRIM 2017)
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Australia
4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas do Nepal
5) Programa Galileo de Formación do Profesorado – Recurso da semana
6) Novo Curso Online Masivo e Aberto (MOOC) de Space Awareness
7) Mapa NSS de Asentamentos Espaciais
8) Tema de 2017 da Semana Mundial do Espazo
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

Á luz dos recentes acontecementos, a IAU manifestou a súa profunda preocupación polo impacto das restricións á inmigración na astronomía e o firme rexeitamento a calquera discriminación baseada en factores coma a orixe étnica, relixión, cidadanía, linguaxe ou opinión política. O noso equipo quería deixar aquí unha nota de apoio decidido a esta mensaxe e a todos os afectados por estas medidas. Nós seguiremos mantendo o noso lema “Astronomía para todas as persoas”, coa educación e a divulgación astronómica como elementos esenciais na propagación da tolerancia e a paz ao animarnos a todos a superar as nosas diferenzas e a levantar os ollos unidos baixo o mesmo ceo nocturno.

Neste número destacamos o Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico -APRIM- que se celebrará en xullo en Taipei; apuntamos que xa se coñece o tema deste ano da Semana Mundial do Espazo, e recomendamos que revisedes o “Recurso da Semana” do Programa Galileo de Formación para Profesores, que volverá ao longo de 2017.

Para rematar, queremos darlle as grazas aos Contactos de Divulgación Nacional e a nosa comunidade por compartir contiuamente connosco as súas noticias preferidas de educación e divulgación nacional e internacional.

Ceos despexados en 2017!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Boletín #15 da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento

O Boletín #15 da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) xa está na rede. Publícao trimestralmente a OAD e nel podes aprender máis das últimas actividades da Oficina. Entre os aspectos máis destacados deste número están o Anuario OAD 2016 e o Primeiro Obradoiro de Astronomía para a Accesibilidade e a Inclusión.

Podedes ler máis aquí: http://www.iau.org/news/announcements/detail/ann17004/

O boletín está tamén dispoñíbel en formato PDF no sitio web da OAD en www.astro4dev.org/media/newsletters/.

2) 13º Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico (APRIM 2017)

O 13º Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico (APRIM 2017) terá lugar no Centro Internacional de Convencións de Taipei do 3 ao 7 de xullo de 2017. Os Encontros IAU da Rexión Asia-Pacífico están autorizados pola Union Astronómica Internacional (IAU) coa intención de promover a actividade científica e a colaboración na rexión Asia-Pacífico. A astronomía no país creceu exponencialmente nos últimos vinte e cinco anos e a comunidade dá entusiasta a benvida aos colegas e amigos astrónomos para que asistan. Un dos temas elixidos este ano é “Educación Pública, Divulgación e Diversidade” e animamos a todas as persoas do ámbito da educación e a divulgación para que participen. A data límite para enviar propostas é o 1 de marzo de 2017.

Podes atopar máis información aquí: http://www.aprim2017.tw/

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Australia

a) Congreso ACT de Educación sobre Astronomía e Ciencias do Espazo – Cosmic Stars 2017

Xa está aberto o prazo de rexistro para o primeiro Congreso ACT de Educación sobre Astronomía e Ciencias do Espazo. O congreso terá lugar o sábado 4 de marzo de 2017 e proporcionará aos profesores e mestres en prácticas de primaria e secundaria unha gran oportunidade de aprendizaxe en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM). Os participantes terán ao seu dispor numerosas actividades de catro tipos de presentacións que cobren asuntos diversos e sesións de planetario no planetario portátil do centro que organiza o encontro (Escola Primaria Giralang).

Este é o sitio web do congreso: https://sites.google.com/site/2017actastroeduworkshop/home

4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas do Nepal

a) Aberto o pre-rexistro para a 4ª Olimpíada Astronómica Nacional

A Olímpiada Astronómica Nacional é un programa educativo desenvolvido pola Sociedade Astronómica do Nepal e a Fundación ESPRO para animar os estudantes nepalís a proseguir estudos superiores en física, matemáticas, astronomía e ciencias do espazo. O obxectivo deste programa é achegarlle aos estudantes da escola un coñecemento básico de astronomía, seleccionándoos e preparándoos para participar na Olimpíada Anual de Astronomía e Astrofísica (http://www.ioaa2016.in/). O rexistro está aberto durante o mes de febreiro de 2017.

Para saber máis: http://www.nepalastronomicalsociety.org/olympiad/

b) Campaña Nacional de Busca de Asteroides

A Sociedade Astronómica do Nepal (NASO), en asociación co IASC, Colaboración Internacional de Busca Astronómica, dálle aos estudantes de escolas e universidades nepalís a oportunidade de participar en actividades astronómicas participativas e facer novos descubrimentos astronómicos no Nepal. A campaña de busca de asteroides comezou no Nepal en 2012 co nome “Campaña de Busca de Asteroides SGAC”, enfocada só a estudantes universitarios. En 2016, o programa estendeuse a escolas de secundaria e grazas á boa recepción o programa de 2017 está aberto tanto a centros de secundaria como de universidades. A próxima campaña discorre dende o 19 de xaneiro até o 18 de febreiro de 2017.

Tes máis información aquí: http://www.nepalastronomicalsociety.org/asteroidsearch/

5) Programa Galileo de Formación do Profesorado – Recurso da semana

O Programa Galileo de Formación do Profesorado “Recurso da semana” proseguirá ao longo de 2017. Cada semana o profesorado terá acceso a un recurso baseado na investigación que poden empregar na aula. Cada recurso educativo está coidadosamente seleccionado dende os principais repositorios como Go-Lab, Inspiring Science Education e astroEDU, e vai acompañado dunha unidade didáctica que lle dá ao profesorado unha orientación básica para empregar o recurso na clase. En febreiro podes atopar estes: Estrelas de neutróns; Exame ás Luces das Rúas; Afundir e aboiar; e Observación do Ceo Nocturno para Estudantes.

Podes atopar estes recursos aquí: http://galileoteachers.org/resources-february-2017/

6) Novo Curso Online Masivo e Aberto (MOOC) de Space Awareness

Dende antigo a observación do ceo foi un elemento esencial de todas as culturas e xogou un papel importante no xeito en que vivimos. Para proporcionarlle aos profesores apoio no uso do tema da Navegación no contexto do espazo e a astronomía, como un vehículo e tamén como inspiración para os estudantes, Space Awareness lanza o novo MOOC “A navigación a través dos tempos”. Space Awareness é un proxecto internacional enfocado á rapazada e mocidade de toda Europa, aos que lles ofrece información sobre asuntos relacionados co espazo. O rexistro xa está aberto.

O MOOC será lanzado o 27 de febreiro de 2017 na plataforma da European Schoolnet Academy: http://bit.ly/spacemooc2.

7) Mapa NSS de Asentamentos Espaciais

A Sociedade Espacial Nacional (NSS) busca estudantes de arte que creen ilustracións orixinais para o Mapa NSS de Asentamentos Espaciais. As obras inscritas deben ser ilustracións realistas dun dos dous temas de 2017: “Xente que vive e traballa en asentamentos espaciais” e “Produción de medicinas e traballo médico no espazo”. Ao dicir realistas, a organización refírese a que sexan todo o exactas posíbel no que atinxe á ciencia e á tecnoloxía e axustados a como sería un asentamento espacial real. O concurso está aberto a todos os estudantes entre 12 e 25 anos. A data límite para enviar propostas é o 16 de marzo de 2017 (ás 23:59 TU).

Máis información do concurso aquí: http://www.nss.org/settlement/calendar/index.htm

8) Tema de 2017 da Semana Mundial do Espazo

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou en 1999 que a Semana Mundial do Espazo se celebraría cada ano do 4 ao 10 de outubro, para celebrar internacionalmente a ciencia e a tecnoloxía e a súa contribución na mellora da condición humana. O tema de 2017 é “Exploración de novos mundos no espazo”, un asunto que toca diferentes aspectos como as misións astrobiolóxicas, as fazañas da enxeñería e os proxectos de tecnoloxía espacial revolucionaria que teñen como obxectivo último permitir que a xente viva noutros planetas. Descubre como unirte á Semana Mundial do Espazo de 2017  a través da páxina “Como organizar unha actividade da Semana Mundial do Espazo”.

Para saber máis, http://www.worldspaceweek.org/theme/

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

Datas importantes

13º Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data límite para o envío de propostas: 1 de marzo de 2017
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan.
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

Próximas actividades

a) Obradoiro Internacional “Data to Dome” (Datos á Cúpula)
Data: 2 e 3 de marzo de 2017
Lugar: Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xapón
Máis información: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/index.html

b) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: do 5 ao 7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html

c) Congreso de Imaxes de Ceo Profundo de Europa Central (CEDIC)
Data: do 10 ao 12 de marzo de 2017
Lugar: Linz, Austria
Máis información: http://www.cedic.at

d) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/

e) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

f) Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
Data: do 11 ao 13 de abril de 2017
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

g) Noite de Yuri
Data: 12 de abril
Lugar: en todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/

h) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home

i) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

l) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

m) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

n) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

ñ) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

o) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

p) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

q) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

r) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

s) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

t) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

u) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.