IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Decembro 2016 #1

Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) IAU aproba formalmente o nome de 227 estrelas
2) Xapón será sede da conferencia “Comunicar Astronomía co Público”
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Xapón
4) Primeiros pasos cos Telescopios Faulkes
5) Novos cursos de formación da Academia Europea de Ciencias da Educación (ESEA)
6) Cartografía de Estrelas da Axencia Espacial Europea (ESA)
7) App de xogo Vehículo Explorador da NASA
8) Stellarium
9) Encontros e actividades globais
10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas:
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016

0) Nota dos editores

Queremos empezar dando os parabéns a Xapón como sede da conferencia “Comunicar Astronomía co Público” (CAP2018), que terá lugar en Fukuoka do 24 ao 28 de marzo. Empeza a preparar a viaxe para visitar Xapón en 2018 e participar nun dos eventos de comunicación da ciencia máis interesantes do ano mentres observas as fermosas cerdeiras sakura xaponesas en plena floración.

Neste número salientamos os nomes de estrelas que aprobou formalmente o IAU, e desexamos que goces navegando a través de todas elas, as 227! Ademais revisamos a gran ferramenta informática Stellarium e, a punto de poñerlle o ramo ao 2016, damos conta dos novos cursos de formación da Academia Europea de Ciencias da Educación (ESEA) para 2017.

Finalmente, queremos mandar unha cálida aperta a todos os colaboradores deste boletín que compartiron connosco algunhas das súas actividades e recursos de divulgación e educación astronómica en todo o mundo.

Ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) IAU aproba formalmente o nome de 227 estrelas

En maio deste ano, o Comité Executivo do IAU aprobou a creación dun Grupo de Traballo IAU especializado, o Grupo de Traballo de Nomes de Estrelas (Working Group on Star Names , WGSN), para formalizar nomes de estrelas que foron usadas de maneira común durante séculos. O WGSN estableceu un novo catálogo IAU de nomes de estrelas, cunha primeira listaxe de 227 nomes aprobados publicado no sitio web do IAU.

Podes ler a nota de prensa orixinal no sitio web do IAU: http://www.iau.org/news/pressreleases/detail/iau1603/

2) Xapón será sede da conferencia “Comunicar Astronomía co Público”

Do 24 ao 28 de marzo de 2018 Xapón será sede da conferencia “Comunicar Astronomía co Público” (CAP2018) na cidade de Fukuoka. Profesionais da comunicación, astrónomos investigadores, persoal das oficinas de prensa, xornalistas de ciencia e moita máis xente intercambiará visións e experiencias durante unha conferencia de cinco días sobre os últimos desafíos en comunicación da astronomía e divulgación ao público.

Podes ler máis aquí: http://bit.ly/2g87gpu

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Xapón

a) Concurso de Comic “Space Scoop” do UNAWE

O equipo xaponés do concurso de comic “Space Scoop” vén de anunciar que xa seleccionaron os gañadores dese país. O primeiro gañador é da categoría de 8 a 11 anos, e o segundo da categoría de 16 a 18. A mellor obra entrará nunha competición internacional cuxos resultados se anunciarán en breve.

Para máis información sobre o concurso nacional xaponés, visitade o sitio web (en xaponés): http://www.wakayama-u.ac.jp/~atomita/sscc/

Actualización: podes atopar os resultados do concurso internacional aquí: http://www.unawe.org/updates/unawe-update-2016-49/

b) Space Scoop Xapón

Este equipo, formado por profesores, persoal de museos de ciencia, do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ) e das universidades, traduce os artigos de Space Scoop do inglés ao xaponés. O equipo traduciu xa máis de 200 artigos.

Podes ver os artigos aquí http://www.spacescoop.org/ja/ e aquí http://www.unawe.org/kids/archive/lang/ja/

4) Primeiros pasos cos Telescopios Faulkes

O Proxecto de Telescopios Faulkes consiste nunha rede de telescopios situados en todo o mundo que poden ser controlados de forma remota dende as casas, aulas ou practicamente calquera lugar. Quen estea interesado pode aprender a usar os telescopios guiándose pola guía básica que proporcionan. Hai ademais varias actividades prácticas que te axudarán a descubrir as fascinantes cousas que podes facer coas imaxes que obteñas. Esta colección de rigorosas guías te axudará a facer as túas propias observacións, crear imaxes e facer análises básicas dos teus datos.

Podes descubrir como empezar a traballar cos Telescopios Faulkes aquí: http://www.faulkes-telescope.com/GettingStarted/

5) Novos cursos de formación da Academia Europea de Ciencias da Educación (ESEA)

A Academia Europea de Ciencias da Educación (ESEA) acaba de lanzar os seus cursos para 2017. Estes cursos estarán apoiados por expertos de toda Europa que axudarán aos participantes a crear máis fascinantes leccións de ciencias. Dende as grandes ideas da ciencia até aprender a programar robots para explorar os porentos desertos de Marte, todo iso e moito máis é o que podes atopar nestes cursos de formación.

Podes apuntarte agora vía http://esea.ea.gr/content/training-courses-workshops

6) Cartografía de Estrelas da Axencia Espacial Europea (ESA)

A visualización da Cartografía de Estrelas da ESA explora algúns dos principais aspectos dos catálogos astrométricos de estrelas, que empregan datos da misión Hipparcos da ESA. A astrometría é a ciencia que fai cartografía do ceo e é unha das ramas máis antigas da astronomía. Esta visualización inclúe 59921 estrelas do Catálogo Hipparcos e o paseo divídese en cinco seccións: Magnitude Aparente, Magnitude Absoluta, Hertzsprung-Russell, Movemento, e Explora; cada sección achega unha breve explicación.

Podes ler máis aquí: http://sci.esa.int/hipparcos/58154-star-mapper/

7) App de xogo Vehículo Explorador da NASA

A NASA busca pilotos do vehículo explorador de Marte! Mars Rover é unha aplicación disponíbel para Android e iPhone, iPad e escritorio. Podes buscar auga mentres o teu vehículo explorador virtual sobe e baixa polos outeiros na súa exploración da superficie de Marte. Precisas conducir con coidado se non queres estrelarte nun cráter e ser eliminado do xogo! No sitio web oficial podes obter información sobre canto se parece o vehículo do xogo aos vehículos de exploración real en Marte.

Podes baixar esta aplicación de balde aquí: http://mars.nasa.gov/gamee-rover/

8) Stellarium

Stellarium é un programa de planetario para ordenador de código libre e de balde. Amosa un ceo realista en 3D, tal e como o verías a ollo ceibe, con prismáticos ou con telescopio. O catálogo por defecto inclúe centos de miles de estrelas e con actualizacións pode chegar a ter centos de millóns. Ademais presenta as constelación de dez culturas diferentes así como ilustracións e asterismos.

Podes baixar Stellarium e moito máis aquí: http://stellarium.org/

9) Encontros e actividades globais

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo.

a) Engadidos hai pouco

Obradoiro Internacional “Data to Dome” (Datos á Cúpula)
Data: 2 e 3 de decembro de 2017
Lugar: Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xapón
Máis información: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/

b) Próximas actividades

a) Rede Astronómica do Sueste Asiático (Southeast Asia Astronomical Network, SEAAN)
Data: 12 e 13 de novembro, 2016
Lugar: Hanoi, Vietnam
Máis información: https://vnsc.org.vn/seaan2016

b) Campamento Astronómico ESO
Data: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017
Lugar: Aosta Valley, Italy.
Máis información: http://www.eso.org/public/announcements/ann16031/

c) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: 5-7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html

d) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: 6-8 de abril, 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

e) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: 3–7 de xullo, 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

f) Simposio Internacional de Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: 3–8 de xullo, 2017
Lugar: Utrecht, Netherlands
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

g) Sociedade Planetaria Internacional
Data: 1–6 de xullo, 2017
Lugar: Toulouse, France
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2016! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.