IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Abril 2017 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Boletín #85 da Comisión C1 IAU Educación e Desenvolvemento da Astronomía“
2) Enquisa sobre o kit educativo de calidade da iluminación
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Xapón
4) Embaixadores do Universo de Gaza
5) Faite voluntario como experto na eclipse total de Sol
6) Día sen Sombra
7) Aberto o prazo de propostas para Global Hands-on Universe (GHOU)
8) Desafío App Espacial
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

Queremos salientar o Día sen Sombra, unha xornada para facer divulgación e educación nas comunidades ecuatoriais. O Día sen Sombra é unha oportunidade para promover actividades combinadas con outros grupos que fan tamén observación. Bótalle un ollo a algúns dos estupendos sitios web que celebran estes días especiais.

Neste número, descubrimos máis da edición deste ano do Desafío App Espacial da NASA; Global Hands-On Universe 2017 únese ás observacións da eclipse do 21 de agosto e o último número do boletín da Comisión C1 IAU de Educación e Desenvolvemento da Astronomía.

Para rematar, o noso equipo quere aproveitar esta oportunidade para unha vez máis darlle as grazas a todos os nosos colaboradores que traducen o boletín de divulgación da IAU a diferentes idiomas, así como aos colaboradores que comparten con nós as súas actividades de divulgación e educación favoritas de todo o mundo.

Feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Boletín #85 da Comisión C1 IAU Educación e Desenvolvemento da Astronomía“

O boletín #85 da Comisión C1 da IAU xa está dispoñíbel. Nesta publicación da IAU podes atopar información actualizada da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento, o informe do Grupo de Traballo CC1: Teoría e Métodos en Educación Astronómica, anuncios relativos aos telescopios robotizados e á Conferencia de Investigación e Educación de Estudantes que se celebra do 19 ao 22 de xuño de 2017, e moito máis. Os editores solicitan amabelmente a todos os membros da IAU que acheguen noticias e artigos para o próximo número. Para máis información, contactade con nós aquí.

Podes ler o boletín aquí: http://iaucc1.frm.utn.edu.ar/?page_id=214

2) Enquisa sobre o kit educativo de calidade da iluminación

O equipo do kit educativo de calidade da iluminación está pechando a moi exitosa primeira fase do programa. Para comprender mellor o impacto e avaliar a implementación do kit, o equipo está realizando unha enquisa entre os que recibiron os materiais e as comunidades educativas contactadas. A análise dos datos axudará na segunda fase do programa, e as respostas serán moi valiosas para dar forma aos seguintes pasos do programa. A enquisa pode responderse facilmente a través de Internet e entre todos os que participen antes da data final o equipo organizador sorteará os pósters “O noso mundo de noite”. A data límite para responder a enquisa é o 1 de xuño.

Enquisa para educadores: https://www.surveymonkey.com/r/IYL_F_16

Enquisa para estudantes: https://www.surveymonkey.com/r/IYL_S_post

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Xapón

a) Facendo mapas dos ceos da historia

Nun proxecto colaborativo entre as artes e as ciencias, investigadores do Instituto Nacional de Xapón de Investigación Polar (NIPR), o Instituto Nacional de Literatura de Xapón (NIJL) e a Universidade de Quioto empregaron documentos históricos para obter un mellor coñecemento dos pasados eventos solares. A investigación multidisciplinar deita sobre as fontes unha nova luz: tormentas magnéticas rexistradas pola visión de auroras en Meigetsuki (1180-1241), diario privado de Fujiwara no Teika, e en Song Shi (1343), obra histórica oficial de China, proporcionáronlles aos investigadores a posibilidade de reconstruír unha cronoloxía de pasados eventos astronómicos.

Os seus estudos apreceron no xornal Space Weather; podes ler a nota de prensa da Universidade de Quioto aquí e a da NIPR aquí.

4) Embaixadores do Universo de Gaza

En 2017 foi outorgada unha bolsa IAU de Astronomía para o Desenvolvemento ao proxecto Embaixadores do Universo de Gaza. Ao mesturar astronomía e tecnoloxía, e ser parte da mocidade palestina, o grupo quere mandar unha mensaxe de esperanza, paixón e desexo de vivir aos participantes e á comunidade. O seu obxectivo é espertar conciencia sobre o coñecemento astronómico na sociedade a través de actividades que alimenten a paixón pola astronomía nun campamento de tres días que abrangue corenta ideas diferentes relacionadas coa astronomía.

Podes descubrir máis detalles do proxecto aquí: http://www.astro4dev.org/blog/category/tf3/gaza-ambassadors-of-universe/

5) Faite voluntario como experto na eclipse total de Sol

Únete aos esforzos para achegarlle ao público información sobre a eclipse total de Sol do 21 de agosto de 2017 facéndote voluntario como experto no tema! A iniciativa anima aos científicos, enxeñeiros, divulgadores de ciencia, astrónomos afeccionados e educadores para identificarse como “expertos na materia” (Subject Matter Experts, SMEs) dispoñíbeis e interesados en apoiar iniciativas nos EEUU. Ao apuntarte, estarás en contacto con grupos que poderán comunicarse contigo para que participes como experto no seu evento. Para ser considerado experto, deberás ter un mínimo coñecemento sobre a eclipse.

Máis información: https://eclipse2017.nasa.gov/subject-matter-expert

6) Día sen Sombra

No día sen sombra todos os que vivan nun lugar en latitudes entre +23,5 (Trópico de Cancro) e -23,5 (Trópico de Capricornio) poden experimentar a ausencia de sombra. O día sen sombra é unha oportunidade para comunidades na mesma latitude co mesmo “día sen sombra” para unirse e compartir experiencias. Podes atopar unha listaxe de lugares en todo o mundo, feita por un astrónomo afeccionado de Bhopal na India, e a páxina específica do comité de divulgación pública e educación da Sociedade Astronómica da India. Atoparás mapas, vídeos e artigos e poderás descargar unha listaxe de datas de días sen sombra, presentacións e guías de actividade. En Hawai’i, o día sen sombra chámase “Mediodía do Sol cruel” (Lāhainā, “la”=Sol; “haina”=cruel). Nos sitios web do Centro Astrónomico Imiloa de Hawai’i e o Telescopio Subaru tes máis información e actividades.

7) Aberto o prazo de propostas para Global Hands-on Universe (GHOU)

A data límite para rexistrarse e enviar propostas para a conferencia GHOU estendeuse até o 31 de maio de 2017. Non perdas esta oportunidade de participar nunha interesante conferencia sobre educación astronómica e observar o Gran Eclipse Americano dende un lugar non afastado do punto coa máxima duración. A sede da conferencia GHOU, Universidade Western Kentucky en Bowling Green, Kentucky (EEUU) pasa polo camiño da totalidade. As datas da conferencia: do 15 ao 21 de agosto de 2017 (a eclipse é o 21 de agosto).

Podes rexistrarte e enviar propostas para charlas e pósters no sitio web da conferencia: http://handsonuniverse.org/ghou2017/

8) Desafío App Espacial

Do 29 ao 30 de abril, durante 48 horas en todo o mundo, podedes unirvos ao Desafío Internacional App Espacial, un dos maiores “hackathons” do mundo. Grazas aos datos abertos, os participantes poden colaborar con descoñecidos, colegas, amigos e familiares para resolver desafíos sorprendentes de formas novas e inesperadas. Podes facer seguimento do que fixeron os gañadores do ano pasado nos anos anteriores no Blog Space App.

A participación na edición deste ano está aberta; podes atopar máis información aquí: https://2017.spaceappschallenge.org/

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

Datas importantes

Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Data límite para proposas: 31 de maio de 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/

Próximas actividades

a) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/

b) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home

c) Mulleres na Astronomía IV: as numerosas caras das mulleres astrónomas
Data: 9-11 de xuño de 2017
Lugar: Austin, Texas
Máis información: http://bit.ly/2kgLbsL

d) Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/

e) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

f) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

g) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

h) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

i) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

l) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

m) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0

n) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/

o) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

p) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

q) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

r) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

s) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

t) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.