Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Maio 2019 #1 – Especial IAU100 nº 6

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Lanzamento da nova versión en formato póster da exposición IAU100 Above and Beyond (Arriba e Máis aló)
2) Astronomía para a Paz e a Cidadanía Global en Chipre
3) IAU100 celebra o Día Internacional da Luz da UNESCO 2019
4) Un evento en Roma celebra os 100 anos da IAU, a astronomía italiana e o Observatorio do Vaticano
5) Concerto: Rock e Astronomía baixo o Ceo
6) Celebrando o Ano das Linguas Indíxenas coa Astronomía
7) Publicado novo libro sobre a IAU
8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100
9 ) Reunións e eventos globais
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota dos editores

Prezados amigos, amigas e colegas,

Neste número, queremos destacar unha nova versión da exposición IAU100 Above and Beyond (Arriba e Máis aló) en formato póster, o proxecto IAU100 “Astronomía para a Paz e a Cidadanía Global” en Chipre e a celebración do Ano das Linguas Indíxenas.

Gustaríanos enviar un recordatorio especial sobre os nosos próximos fitos: a celebración do centenario da Eclipse Solar de 1919, que serviu para probar a teoría da relatividade xeral de Einstein, e 50 anos despois, en 1969, a data en que o mundo observou a primeira persoa que puxo o pé na Lúa. Haberá actividades especiais para celebrar estes dous fitos.

Desexámosvos ceos despexados e felices celebracións!

Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgación de Astronomía da IAU

Jorge Rivero, en nome da Secretaría da IAU

1) Lanzamento da nova versión en formato póster da exposición IAU100 Above and Beyond (Arriba e Máis aló)

Xa está dispoñíbel un novo conxunto de 12 pósteres como versión reducida da Exposición IAU100 “Arriba e máis aló”. Esta versión da exposición é ideal para exhibir en encontros, universidades, escolas, sociedades e outros lugares.

Para obter máis información, consultade o sitio web: https://www.iau-100.org/above-beyond-posters

2) Astronomía para a Paz e a Cidadanía Global en Chipre

O proxecto “Columba-Hipatia: Astronomía para a Paz” ten lugar na dividida illa de Chipre e pretende inspirar aos nenos e nenas na curiosidade pola ciencia e o cosmos, á vez que promove un sentido de cidadanía global e unha cultura de paz e non violencia.

Máis información: https://www.iau-100.org/columba-hypatia-project

3) IAU100 celebra o Día Internacional da Luz da UNESCO 2019

O proxecto global IAU100 Ceos escuros para todas as persoas ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservación dos ceos escuros en coordinación co Día Internacional da Luz da UNESCO, que se celebra o 16 de maio de 2019. En conmemoración deste especial IAU100 – Día Internacional da Luz, Ceos escuros para todas as persoas está a distribuír 100 lotes de material “Acende a noite” en 50 países de todo o mundo.

Podes saber máis consultando esta ligazón: https://www.iau-100.org/iau100-celebrates-idl2019

4) Un evento en Roma celebra os 100 anos da IAU, a astronomía italiana e o Observatorio do Vaticano

Como parte das celebracións IAU100, representantes de alto nivel da IAU e o Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF) reuníronse en Roma para falar sobre a IAU, a astronomía italiana e o Observatorio do Vaticano ao longo dos últimos 100 anos. O propio INAF celebra en 2019 aniversario: os seus primeiros vinte anos.

Tedes máis información aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19030/

5) Concerto: Rock e Astronomía baixo o Ceo

O venres 10 de maio, o proxecto especial IAU100 “Rock e Astronomía baixo o ceo” presenta varias charlas, observacións do ceo e un festival de música e astronomía de acceso libre e aberto para audiencias de todas as idades e gustos musicais.

Máis información: https://www.iau-100.org/astronomy-under-the-sky

6) Celebrando o Ano das Linguas Indíxenas coa Astronomía

Axuda a crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que están a desaparecer en todo o mundo, resaltando a importancia do coñecemento astronómico dos pobos orixinarios e alentando a tomar medidas en favor da apreciación da nosa diversidade cultural. Escoita “100 anos Baixo Un Mesmo Ceo” recitado por falantes nativos de Garífuna, Miskito e Tol, linguas indíxenas de Honduras en América Central. E tamén na lingua tailandesa do norte e na lingua Yong, idioma tailandés cunha fonética diferente da tailandesa do norte.

Se desexas participar no proxecto, podes contactarnos en translation@oao.iau.org.

Visita o sitio web oficial da Rede de Tradución de Astronomía (ATN) https://translation.iau.org/en/ e descubre máis sobre o proxecto.

7) Publicado novo libro sobre a IAU

Springer publicou un novo libro, titulado “The International Astronomical Union — Uniting the Community for 100 Years” (A Unión Astronómica Internacional – Unindo á comunidade durante 100 Anos”). No ano do centenario da fundación da IAU, o libro narra os primeiros 100 anos do organismo, os seus logros e o seu lugar sempre en evolución na sociedade.

Podes atopar máis información aquí: https://www.iau.org/news/pressreleases/detail/iau1902/

8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100

Os proxectos co aval IAU100 reciben medios adicionais para conseguir as metas e obxectivos das celebracións do centenario. Esta categoría está orientada a dar apoio a grandes proxectos globais, que satisfagan a visión do IAU100, con grande recoñecemento internacional e a oportunidade de asociarse a outras celebracións en todo o mundo.

Tes máis información aquí: https://www.iau-100.org/apply-iau100-endorsedprojects

9) Encontros e actividades globais

Aquí podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica con antelación un ano moi especial para a astronomía, cheo de eventos interesantes!

a) Semana europea da astronomía e ciencias do espazo
Datas: do 24 ao 28 de xuño de 2019
Lugar: Lyon, Francia
Máis información: https://eas.unige.ch//EWASS/

b) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/

c) Día do asteroide
Data: 30 de xuño de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

d) 3º Obradoiro sobre Divulgación e Educación da Astronomía (WDEA III)
Datas: 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019
Lugar: San Juan, Argentina
Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/WDEAIII/

e) IAU100: 50º aniversario da chegada á Lúa – Observemos a Lúa!
Datas: 20 de xullo de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.iau-100.org/moon-landing-anniversary

f) Conferencia sobre educación astronómica: Investigación aplicada e práctica
Datas: do 16 ao 18 de setembro de 2019
Lugar: Garching, Múnic, Alemaña
Máis información: http://iau-dc-c1.org/astroedu-conference/

g) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/

h) Arte, Visualisación e Cosmos na Educación
Datas: 5 e 6 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia

i) Conferencia Educación e investigación con telescopios robóticos
Datas: do 8 ao 11 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia
Máis información: https://rtsre.net/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o número anterior do boletín está aquí).

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.