Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Febreiro 2019 #2 – Especial IAU100 nº 3

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Convértete nun Embaixador ou Embaixadora IAU dos Ceos Escuros
2) Astronomía Aberta nas Escolas
3) Solicitudes aprobadas de proxectos IAU100
4) Premio Especial Mulleres e Nenas en Astronomía
5) Anunciados novos recursos do programa “Escolas Einstein”
6) Evento IAU100: Día da Astronomía Amadora o 13 de abril de 2019 en Bruxelas
7) O Proxecto Especial “O ceo de Dumbara” divulga a astronomía nas rexións rurais de Sri Lanka
8) 13000 persoas visitaron a exposición “Arriba e máis aló” en Bratislava
9) Encontros e actividades globais
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

Prezados amigos, amigas e colegas,

O noso equipo quere comezar dándovos as grazas polo voso entusiasmo e dedicación: as celebracións do centenario suman agora 2300 actividades rexistradas en 102 países, e ese electrizante impulso da comunidade inspíranos a diario. Queremos destacar o éxito do Día da Muller e a Nena na Astronomía, con 200 eventos en 57 países. Para recompensar estes esforzos inspiradores ao longo do ano, a Secretaría da IAU brindará ás persoas organizadoras de eventos que celebran de maneira innovadora a presenza de mulleres e nenas na astronomía a posibilidade de participar no primeiro simposio da IAU sobre diversidade e inclusión en Xapón.

Neste número, poñemos o foco no proxecto de Escolas Abertas de Astronomía, a convocatoria de Embaixador@s dos Ceos Escuros e os novos recursos das Escolas Einstein.

Ademais, a Secretaría da IAU convida a todos os astrónomos e astrónomas amadores a participar no primeiro evento oficial da IAU que une e fortalece a colaboración Pro-Am en astronomía. O 13 de abril de 2019 no Palacio das Academias en Bruxelas, Bélxica, a IAU organiza unha xornada completa para fomentar o diálogo e o intercambio entre a IAU e o sector da astronomía afeccionada.

Desexámosvos os ceos máis despexados e todo o mellor para 2019!

Lina Canas, en nome do Equipo de Divulgación da Oficina de Astronomía da IAU

Jorge Rivero, en representación da Secretaría IAU100

1) Convérte nun Embaixador ou Embaixadora IAU dos Ceos Escuros

O proxecto global IAU100 Ceos escuros para todas as persoas (Dark Skies for All) ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservación dos ceos escuros e o dereito das xeracións futuras a seguir dispoñendo de verdadeiros ceos nocturnos. O proxecto abre agora o rexistro para converterse nun dos seus embaixadores ou embaixadoras. Ademais, o IAU100 lanzou unha convocatoria de propostas para a recepción do kit educativo “Acende a luz” e alenta ao profesorado, profesionais da astronomía e astrónomos e astrónomas amadoras en todo o mundo a solicitalo.

Podes atopar máis información aquí: https://www.iau-100.org/darkskies-ambassadors-call

2) Astronomía Aberta nas Escolas

Para aproveitar as competencias en educación e divulgación do profesorado en todo o planeta, IAU100 lanza unha convocatoria de propostas de capacitación docente dentro do proxecto “Astronomía Aberta nas Escolas”. A data límite é o 28 de febreiro de 2019.

Máis información aquí: https://www.iau-100.org/teacher-training-call

3) Solicitudes aprobadas de proxectos IAU100

Os proxectos co aval IAU100 reciben medios adicionais para conseguir as metas e obxectivos das celebracións do centenario. Preténdese dar apoio a grandes proxectos globais, que satisfagan a visión do IAU100, con grande recoñecemento internacional e a oportunidade de conectarse con outras celebracións en todo o mundo.

Podes atopar máis información aquí: https://www.iau-100.org/apply-iau100-endorsedprojects

4) Premio Especial Mulleres e Nenas en Astronomía

Anunciouse un novo premio especial para os organizadores de eventos que realizan actividades IAU100 que celebran de maneira innovadora a presenza de mulleres e nenas na astronomía. Animamos expresamente a organización deste tipo de actividades ao longo de 2019, como unha oportunidade perfecta para celebrar a muller e a nena na astronomía.

Máis información: https://www.iau-100.org/womenandgirls-in-astronomy

5) Anunciados novos recursos do programa “Escolas Einstein”

O programa “Escolas Einstein” arranca con máis de 160 escolas que traballan para converterse en Escolas Einstein certificadas pola IAU. Todas as persoas participantes neste programa agora dispoñen de máis recursos de ensino para usaren nas aulas. Por exemplo, agora hai unha serie de actividades relacionadas cos buracos negros e máis recursos sobre as eclipses solares en preparación das cerimonias especiais do 29 de maio en Príncipe e Brasil, co gallo do centenario da expedición de Eddington de 1919 que confirmou a Teoría da Relatividade Xeral de Einstein.

Ademais, o proxecto tamén agregou tres relatos de banda deseñada para a aula co título “Tales of the Modern Astronomer” (en inglés). Estas historias foron desenvolvidas no Observatorio Óptico Astronómico Nacional dos EEUU e destacan investigacións relacionadas cos buracos negros que se realizan hoxe nos observatorios de todo o mundo.

Tes máis información no sitio web oficial das Escolas Einstein: https://www.einsteinschools.org/

6) Evento IAU100: Día da Astronomía Amadora o 13 de abril de 2019 en Bruxelas

O sábado 13 de abril de 2019 no Palacio das Academias de Bruxelas, Bélxica, a Unión Astronómica Internacional organizará o seu primeiro evento para astrónomos e astrónomas amadoras. Unha inspiradora xornada que contará coa presenza do astronauta da NASA John Grunsfeld, recoñecidas figuras da ciencia e presentacións da comunidade astronómica amadora. Con este evento, a IAU quere fortalecer a relación cos astrónomos e astrónomas amadores e as súas organizacións. A Secretaría IAU100 convida aos astrónomos e astrónomas amadoras a participar no evento.

Máis información, neste enderezo: https://www.iau-100.org/amateur-astronomers-day

7) O Proxecto Especial “O ceo de Dumbara” divulga a astronomía nas rexións rurais de Sri Lanka

O proxecto “O ceo de Dumbara” (දුම්බර අහස) levouse a cabo do 9 ao 10 de febreiro de 2019 en Sri Lanka e tivo como obxectivo aumentar a conciencia científica e o interese temperán na procura dos campos CTEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) entre os nenos e nenas das escolas de áreas rurais de Sri Lanka.

Máis información: https://www.iau-100.org/dumbarasky-specialproject

8) 13000 persoas visitaron a exposición “Arriba e máis aló” en Bratislava

A exposición itinerante IAU100 “Arriba e máis aló” (Above and Beyond) recibiu miles de visitantes no Museo Nacional Eslovaco – Museo de Historia Natural de Bratislava, Eslovaquia. Despois de pechar o 3 de febreiro, a exposición agora viaxará ao Centro de Ciencias VIDA! en Brno, República Checa.

Máis información: https://www.iau-100.org/aboveandbeyond-exhibtion-update

9) Encontros e actividades globais

Aquí tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planificade un ano cheo de acontecementos interesantes!

a) Encontro rexional asiático “Global Hands-On Universe”
Datas: do 6 ao 8 de marzo de 2019
Lugar: Pokhara, Nepal
Máis información: https://sites.google.com/view/ghou-asia-regional-conference/home

b) 8ª conferencia internacional “Novas perspectivas en educación científica”
Datas: 21 e 22 de marzo 2019
Lugar: Florencia, Italia
Máis información: https://conference.pixel-online.net/NPSE/

c) Encontro Internacional de Astronomía e Aeronáutica
Data: do 11 ao 13 de abril de 2019
Lugar: Campos dos Coytacazes, Brasil
Máis información: 12imaa.eventbrite.com

d) Noite de Yuri
Data: 12 de abril de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/

e) Día da Astronomía Amadora
Data: 13 de abril de 2019
Lugar: Bruxelas, Bélxica
Máis información: https://www.iau-100.org/amateur-astronomers-day​

f) IAUS350: Astrofísica de laboratorio: das observacións á interpretación
Data: do 14 ao 19 de abril de 2019
Lugar: Cambridge, GB
Máis información: http://www.astrochemistry.org.uk/IAU_S350/

g) Semana europea da astronomía e ciencias do espazo
Datas: do 24 ao 28 de xuño de 2019
Lugar: Lyon, Francia
Máis información: https://eas.unige.ch//EWASS/

h) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/

i) Día do asteroide
Data: 30 de xuño de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

l) 3º Obradoiro sobre Divulgación e Educación da Astronomía (WDEA III)
Datas: 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019
Lugar: San Juan, Argentina
Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/WDEAIII/

m) IAU100: 50º aniversario da chegada á Lúa – Observemos a Lúa!
Datas: 20 de xullo de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.iau-100.org/moon-landing-anniversary

n) Global Hands-On Universe 2019
Data: do 18 ao 23 de agosto de 2019
Lugar: Observatorio de Haute Provence, Francia
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2019/

ñ) Conferencia sobre educación astronómica: Investigación aplicada e práctica
Datas: do 16 ao 18 de setembro de 2019
Lugar: Garching, Múnic, Alemaña
Máis información: http://iau-dc-c1.org/astroedu-conference/

o) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o número anterior do boletín está aquí).

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.