Boletín de divulgación da IAU: Abril 2019 #2 – Especial IAU100 nº 5


Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Abril 2019 #2 – Especial IAU100 nº 5

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) A IAU celebra o seu centenario
2) Primeiro Día IAU da Astronomía Amadora en Bruxelas
3) Anuncio dos gañadores do Concurso de Relato Curto IAU100
4) 50 aniversario da Primeira Aterraxe Lunar: Concurso Telescopio IAU100
5) Celebra as mulleres e nenas na astronomía e gaña a oportunidade de participar no primeiro Simposio IAU sobre Diversidade e Inclusión
6) 100 anos da eclipse solar de 1919
7) Dark Skies for All (Ceos Escuros para todas as persoas) fomenta actividades en torno ao Día Internacional da Luz
8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100
9 ) Reunións e eventos globais
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota dos editores

Prezados amigos, amigas e colegas,

O evento principal IAU “100 anos Baixo un mesmo Ceo” tivo lugar no Palacio das Academias en Bruxelas (Bélxica), o lugar onde se fundou a IAU hai 100 anos. O evento reuniu a profesionais e afeccionados e afeccionadas por igual, para celebrarmos de forma conxunta a astronomía. Discutir o que nos une, coa Astronomía como punto focal para o desenvolvemento, a educación, a equidade, a inclusión, a tecnoloxía e o novo camiño que se abre por diante no próximo século, un camiño que percorreremos grazas á cooperación internacional. O evento tamén foi un sincero agradecemento a todas as persoas de todo o mundo que participaron nas celebracións e comparten a emoción da astronomía coas súas comunidades locais, que son a cerna de todas as accións deste ano.

Neste número, queremos resaltar dous próximos fitos: as celebracións do 50 Aniversario da Primeira Aterraxe Lunar e o 100 Aniversario da Eclipse Solar de 1919.

Desexámosvos ceos despexados e felices celebracións!

Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgación de Astronomía da IAU

Jorge Rivero, en nome da Secretaría da IAU

1) A IAU celebra o seu centenario

O acto principal da celebración do centenario da IAU, “1919-2019: 100 anos Baixo un Ceo”, levouse a cabo no Palacio das Academias en Bruxelas (Bélxica) do 11 ao 12 de abril de 2019. O evento realizouse no lugar onde se fundou a IAU hai 100 anos.

Máis información: https://www.iau.org/news/pressreleases/detail/iau1903/

2) Primeiro Día IAU da Astronomía Amadora en Bruxelas

O sábado 13 de abril de 2019 no Palacio das Academias en Bruxelas, Bélxica, a Unión Astronómica Internacional organizou o seu primeiro evento para astrónomos e astrónomas amadoras. O evento seguiu ao acto central “IAU100 Baixo un mesmo Ceo” do 11 e 12 de abril.

Máis información: https://www.iau-100.org/iau100-amateur-astronomers-day

3) Anuncio dos gañadores do Concurso de Relato Breve IAU100

En novembro de 2018, IAU100 lanzou o concurso de relato breve “Under One Sky” (Baixo un mesmo Ceo). Este concurso foi deseñado para estimular a creatividade e a imaxinación propoñendo o envío de contos relacionados cos temas “Baixo un mesmo ceo” e “Estrelas que inspiran”.

Máis información: https://www.iau-100.org/short-story-competition-winners

4) 50 aniversario da Primeira Aterraxe Lunar: Concurso Telescopio IAU100

Até o 3 de maio de 2019 acéptanse solicitudes para gañar un telescopio asinado por varios astronautas e a presidenta da IAU, Ewine van Dishoeck, que se poderá usar para celebrar o 50 aniversario da Aterraxe Lunar coa IAU100 en xullo de 2019. Hai vinte telescopios dispoñíbeis no concurso que recorda os 50 anos da chegada á Lúa!

Para obter máis información sobre este concurso e a celebración deste fito histórico por parte de IAU100, visita o sitio web: https://www.moonlanding50.org/telescope-comeptition-launch

5) Celebra as mulleres e nenas na astronomía e gaña a oportunidade de participar no primeiro Simposio IAU sobre Diversidade e Inclusión

Anunciouse un premio especial para os organizadores de actividades IAU100 que celebran de maneira innovadora a presenza de mulleres e nenas na Astronomía. Animámosvos a organizar actividades ao longo deste 2019 como a oportunidade perfecta para celebrar as nenas e mulleres na astronomía.

Máis información: https://www.iau-100.org/womenandgirls-in-astronomy

6) 100 aniversario da Eclipse Solar de 1919

Explora os proxectos IAU100 que celebran este fito especial IAU100:

Escolas Einstein

Co proxecto IAU100 Einstein Schools, as escolas de todo o mundo implementan actividades sobre a gravidade en astronomía.

Conferencia Arthur Eddington

Esta conferencia celebrarase do 27 ao 29 de maio de 2019 en París, Francia, para destacar o legado e o impacto de Arthur S. Eddington e as expedicións para observar a eclipse do 29 de maio de 1919.

Eclipse Solar Total en Chile e Arxentina

O 2 de xullo de 2019, unha eclipse solar total cruzará Chile e Arxentina. Realizaranse diversas actividades para o evento.

LightSound

LightSound é unha ferramenta desenvolvida para persoas con discapacidades visuais e auditivas para experimentar a variación da intensidade da luz durante unha eclipse solar en tempo real (a través do son).

Celebracións do centenario en Sobral

Un evento internacional, ao que asistirán profesionais da astronomía, a física e a historia da ciencia, así como docentes e estudantes, etc., terá lugar en Sobral o 29 de maio de 2019.

Eddington @ Sundy: 100 anos despois

Este proxecto promove iniciativas a escala global, mais tamén ten o obxectivo de impulsar un legado científico en Santo Tomé e Príncipe.

7) Dark Skies for All (Ceos Escuros para todas as persoas) fomenta actividades en torno ao Día Internacional da Luz

O proxecto global IAU100 Ceos escuros para todas as persoas ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservación dos ceos escuros e anima a organizar actividades arredor do Día Internacional da Luz da UNESCO o 16 de maio de 2019. Logo da convocatoria Turn On the Night (Acende a Noite) o pasado mes de marzo, o proxecto enviará un kit de materiais a case vinte e cinco países que o solicitaron ao custo de produción ou de forma gratuíta. Este Proxecto Global tamén vos anima a convertervos en Embaixadores e embaixadoras IAU100 de Ceos Escuros e a participar en programas como “Adopta unha rúa” ou “Globe at Night – Rede de Monitorización do Brillo”.

8) Convocatoria de proxectos co aval IAU100

Os proxectos co aval IAU100 reciben medios adicionais para conseguir as metas e obxectivos das celebracións do centenario. Esta categoría está orientada a dar apoio a grandes proxectos globais, que satisfagan a visión do IAU100, con grande recoñecemento internacional e a oportunidade de asociarse a outras celebracións en todo o mundo.

Tes máis información aquí: https://www.iau-100.org/apply-iau100-endorsedprojects

9) Encontros e actividades globais

Aquí podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica con antelación un ano moi especial para a astronomía, cheo de eventos interesantes!

a) Semana europea da astronomía e ciencias do espazo
Datas: do 24 ao 28 de xuño de 2019
Lugar: Lyon, Francia
Máis información: https://eas.unige.ch//EWASS/

b) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/

c) Día do asteroide
Data: 30 de xuño de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

d) 3º Obradoiro sobre Divulgación e Educación da Astronomía (WDEA III)
Datas: 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019
Lugar: San Juan, Argentina
Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/WDEAIII/

e) IAU100: 50º aniversario da chegada á Lúa – Observemos a Lúa!
Datas: 20 de xullo de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.iau-100.org/moon-landing-anniversary

f) Conferencia sobre educación astronómica: Investigación aplicada e práctica
Datas: do 16 ao 18 de setembro de 2019
Lugar: Garching, Múnic, Alemaña
Máis información: http://iau-dc-c1.org/astroedu-conference/

g) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o número anterior do boletín está aquí).

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com