O avó coruñés de Williamina Fleming

A lectura do excelente libro de Dava Sobel El Universo de cristal, editado por Capitán Swing, achega unha inesperada conexión galega da lendaria Williamina Fleming, que pasou de ser criada do director do observatorio de Harvard, Edward Pickering, a facer ciencia no centro e converterse finalmente na primeira muller en obter un cargo relevante na […]

Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

  Unha listaxe de obras dispoñíbeis na biblioteca do Fórum Metropolitano relacionadas coa astronomía. Podes consultar o catálogo online picando nesta ligazón: Revista ASTRONOMÍA A publicación de referencia para os afeccionados en España fai en decembro 31 anos de presenza continuada nos quioscos. Vén de recibir un moi merecido Premio Especial do Xurado nos Premios […]

En defensa do ceo nocturno

por Martin Pawley Por obvio que pareza nunca está de máis recordalo. A Terra dá voltas sobre o seu eixo e ese movemento de rotación xustifica que cada lugar do planeta estea exposto unhas veces de forma directa á luz do Sol e outras non, ou o que é o mesmo, que sexa “de día” […]

Entrevista a Fabio Falchi: «A contaminación luminosa debe ser afrontada con urxencia, pois xa se excederon todos os límites tolerábeis»

A publicación en xuño da nova edición do Atlas Mundial do Brillo do Ceo introduciu nos medios de comunicación titulares tan rechamantes coma desoladores: o 80% da poboación mundial convive con ceos afectados pola contaminación luminosa. Falamos co coordinador do Atlas, Fabio Falchi, profesor dun instituto técnico en Mantova (Italia) e investigador no seu tempo […]

Nace CorBI Foundation na Coruña para impulsar a investigación biomédica a nivel internacional

-O noso compañeiro Julio Casal, socio fundador da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, preside esta fundación con carácter interdisciplinar. Esta mañá presentouse no Muncyt da Coruña CorBI Foundation, Coruña Biomedical Institute Foundation, unha institución científica de excelencia, con vocación internacional, que se está constituíndo co obxectivo de impulsar desde a cidade da Coruña a investigación biomédica. […]

Miss Leavitt e as estrelas variábeis

Henrietta Swan Leavitt naceu en Lancaster, Massachussets, o 4 de xullo de 1868, nunha familia ben situada de cristiáns protestantes. Déronlle estudos e aproveitounos; pasou polo Radcliffe College, centro de educación superior para mulleres onde aprendeu dende grego clásico até cálculo e xeometría. En 1893 empezou a traballar -ao principio, coma voluntaria- no Observatorio de […]

A clasificación das estrelas: Antonia e Annie

I. Antonia. Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury naceu en Nova York en 1866 no seo dunha familia acomodada; por parte de nai era descendente dunha familia nobre portuguesa emigrada ao Brasil polas guerras napoleónicas e do científico e intelectual estadounidense John William Draper, pai tamén de Henry Draper, o tío de Antonia. Dende moza […]

O conto da vida de Caroline Herschel

Este de hoxe parece un conto clásico, mais é un conto real. Coma en todo bo conto hai dificultades sen fin, hai xente boa e xente mala, hai obstinación para saír adiante, hai sacrificio. E hai, digámolo xa, un final feliz. Empeza o conto en Hanover, na Alemaña, un 16 de marzo de 1750. Tal […]

Marte (e Saturno)

Estes días de ceos despexados a noite ten un protagonista claro, o planeta Marte. Certo que non é o punto que máis brilla; gaña Xúpiter por un pouco. E o gran campión desa liga luminosa, que adoita ser Venus, tomou un par de meses de descanso: perdémolo de vista por estar demasiado perto do Sol […]