LOGOO próximo día 12 de febreiro de 2016 (venres) terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Será na Domus ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria. A asemblea está aberta unicamente aos socios da Agrupación.

A orde do día será a seguinte:

  1. Lectura e aprobación, se procede da acta da asemblea anterior.
  2. Informe do Presidente ou Vicepresidente do exercicio 2015.
  3. Lectura e aprobación, se procede, das contas anuais e liquidación do orzamento do exercicio 2015.
  4. Cambios na directiva, presentación de candidaturas e aprobación dos novos cargos.
  5. Presentación do Plan de Actividades para 2016.
  6. Rogos e preguntas.

Lembrámosvos que este é o máximo órgano de decisión da Agrupación, polo que é moi importante a asistencia e participación dos socios.

1 Comment

  1. Carlos Rodríguez 11 de Febreiro de 2016 at 10:13 10Thu, 11 Feb 2016 10:13:06 +010006.

    Nos rogos e preguntas quero propoñer que se vote unha idea que xa expuxera Eva Caride cando eu estaba na directiva, montar na páxina web un foro para os socios.
    Xa somos 118 socios, non temos posibilidades de coincidir para compartir ideas e o foro sería unha maneira útil de estar en contacto, discutir proxectos propios ou da agrupación ou poder consultar dudas e transmitir coñecementos.
    Un saúdo
    Carlos (M23)