A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha charla sobre ondas gravitacionais


Conferencia ALICIA SINTES blog

– Celebrarase o sábado 25 de novembro ás 19.30h na Domus da Coruña, con entrada gratuíta ata completar espazo.

– A actividade enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Co título “Las ondas gravitacionales: las nuevas mensajeras del universo”, a charla será impartida por Alicia M. Sintes, profesora da Universidade das Illas Baleares e investigadora do proxecto LIGO.

Segundo explica a conferenciante, a astrofísica está vivindo unha época revolucionaria con novas técnicas, instrumentos e teorías que están achegándonos por primeira vez respostas veraces e coherentes ás grandes cuestións da humanidade: que hai no universo, como foi o seu pasado e cal será o seu futuro. Na súa charla falará das ondas gravitacionais, o maior fito científico no que levamos de século, para dar resposta a que son, como se detectaron e que información nova nos traen.

Alicia M. Sintes é profesora de Física Teórica na Universidade das Illas Baleares. A súa investigación céntrase no campo da astronomía das ondas gravitacionais. É experta na posta a punto de detectores interferométricos e o estudio de estrelas de neutróns e binarias de buratos negros. É a investigadora principal da colaboración científica LIGO en España e foi asesora científica da Axencia Espacial Europea. Autora de máis de 190 artigos científicos, recibiu o Premio Ramon Llull 2017 do Goberno das Illas Baleares, o Jaime II do Consell de Mallorca e a Medalla de Ouro da cidade de Palma, entre outros premios, pola súa participación no descubrimento das ondas gravitacionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com