Conferencia DEBUXO ASTRONÓMICO

– Celebrarase o sábado 7 de outubro ás 19.30h no Planetario da Casa das Ciencias, con entrada gratuita ata completar espazo.

– A actividade enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Co título “Dibujo astronómico. La importancia de los registros visuales y el cuaderno de campo”, a charla será impartida por Leonor Ana Hernández, divulgadora científica especializada en astronomía.

Debuxar o que observamos é unha técnica moi útil para aprender a observar, e canto máis miramos máis detalles vemos, o que permite conservar o recordo do que vimos con rexistros moi persoais e únicos.

Leonor Ana comezou a interesarse pola astronomía dende nena e con 15 anos ingresou na Agrupación Astronómica Complutense (Alcalá de Henares), da que foi presidenta entre 1999 e 2006. Na actualidade a súa actividade astronómica desenvólvese principalmente no campo da divulgación na Fundación AstroHita e o seu observatorio. Publicou hai uns meses o libro “Dibujo astronómico“, editado pola editorial Marcombo, e colabora na revista “Astronomía“, Premio Prisma Especial do Xurado en 2016.