Conferencia SUSANA MALÓN

– Celebrarase o sábado 9 de decembro ás 19.30h no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, con entrada gratuíta ata completar espazo.

– A actividade enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Co título “Contaminación lumínica. Reto medioambiental, cultural y científico del S.XXI”, a charla será impartida por Susana Malón, CEO e directora de Lumínica Ambiental.

Segundo explica a conferenciante, o exceso de iluminación artificial nocturna produce efectos negativos na nosa saúde, no medio ambiente, sobre o cambio climático e, por suposto, impide ver as estrelas co consecuente impacto na astronomía e a nivel cultural. A tecnoloxía de iluminación de que dispoñemos hoxe fornece ferramentas axeitadas para compatibilizar a luz natural do ceo estrelado e a luz artificial das nosas vilas e cidades, trátase apenas de aplicala con criterio intelixente e sostíbel.

Susana Malón (Zaragoza, 1975) é licenciada en Ciencias Físicas, máster en Enxeñería do Medio Ambiente, Astronomía e Astrofísica, con especialización en eficiencia enerxética e iluminación. Socia do Comité Español de Iluminación e de Cel Fosc, é ademais auditora da Fundación Starlight.

Desde hai 15 anos vén realizando auditorías enerxéticas e luminosas da iluminación exterior, redacción de proxectos e os plans directores correspondentes e avaliacións e medicións de calidade do ceo nocturno. A principios de 2012 fundou Lumínica Ambiental, oficina técnica especializada en iluminación exterior e contaminación luminosa, coa que gañou o primeiro premio Emprendeverde da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente.

3 Comments

  1. Juan Cagiao Villar 07 de Decembro de 2017 at 19:08 07Thu, 07 Dec 2017 19:08:05 +010005.

    Hola:
    Quisiera asistir a esta charla
    Muchas gracias
    Un saludo

    Juan Cagiao Villar
    Dr Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos
    GIGA SL

  2. Juan Cagiao Villar 08 de Decembro de 2017 at 11:45 11Fri, 08 Dec 2017 11:45:12 +010012.

    También asistiría Rosalía Villar González, ingeniera de caminos de GIGA SL que se dedica a temas de alumbrado en la ciudad

  3. Martin Pawley 08 de Decembro de 2017 at 14:08 02Fri, 08 Dec 2017 14:08:21 +010021.

    Bo día, Juan. A charla ten entrada gratuíta ata completar espazo, non se precisa inscrición nin hai distribución previa de convites.