LOGORepasamos algunhas das accións divulgativas e actividades desenvolvidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no segundo semestre de 2015 (as do primeiro semestre podedes consultalas aquí).

Actividades abertas ao público:

Sábado 18 de xullo, 23:00: Observación astronómica en Guitiriz. Lugar: Área recreativa San Xoán, Guitiriz (Lugo).

Sábado 8 de agosto, 22:00: Observación das Perseidas en Sada (Homenaxe a Jaítos).

Mércores 12 de agosto, 23:59: Observación das Perseidas no Parque de Eirís. CANCELADA POLA DESFAVORÁBEL PREVISIÓN METEOROLÓXICA.

Sábado 22 de agosto, 20:30: Excursión ao dolmen de Dombate e observación astronómica. Lugar: Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Sábado 12 de setembro: publicación e difusión da Nota informativa sobre contaminación luminosa.

Luns 28 de setembro, 2:00-7:00: Observación da eclipse total de Lúa. Lugar: Parque de Eirís, A Coruña.

Martes 20 de outubro, 20:30: Observación astronómica no Campo de Marte. Lugar: Campo de Marte, A Coruña.

Venres 20 de novembro, 20:30: Observación astronómica no Centro Ágora. CANCELADA POLA DESFAVORÁBEL PREVISIÓN METEOROLÓXICA.

Sábado 12 de decembro, 12:30: Presentación do libro infantil Onde estás, Andrómeda a cargo de Anna Almécija. Lugar: Biblioteca infantil do Fórum Metropolitano, A Coruña.

Sábado 12 de decembro, 20:30: Observación das Xemínidas no Dolmen de Dombate. Lugar: Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Domingo 13 de decembro, 12:30: Vermuncyt “Moita luz deslumbra os ollos”, charla sobre contaminación luminosa a cargo de Anna Almécija e Salva Bará. Lugar: MUNCYT A Coruña.

Venres 18 de decembro, 19:30-23:00: Observación astronómica no MUNCYT. Lugar: MUNCYT A Coruña.

Outras accións:

Martes 28 de xullo: reunión co Concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña para axilizar o procedemento burocrático preciso para as observacións urbanas (solicitude do espazo, apagado de luces e, no seu caso, dos sistemas de rego automático) e informar sobre o problema da contaminación luminosa.

Martes 18 de agosto: reunión co Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento para darlle a coñecer as actividades e fins da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e informar sobre o problema da contaminación luminosa.

Martes 25 de agosto: reunión co actual director dos Museos Científicos Coruñeses co obxectivo de reafirmar a plena disponibilidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío para participar en actividades de divulgación da astronomía, valorar posíbeis iniciativas futuras e informar sobre o problema da contaminación luminosa.

Mércores 2 de setembro: reunión coa Concelleira de Participación e Innovación Democrática para informar sobre o problema da contaminación luminosa. No encontro estaba prevista a presenza do Concelleiro de Urbanismo e a Concelleira de Medio Ambiente, que na véspera comunicaron a súa non asistencia.

Xoves 10 de setembro: encontro con representantes dos cinco grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia (PP, PSOE, BNG, AGE e Mixto) para informalos do problema da contaminación luminosa e convidalos á elaboración dunha declaración institucional en defensa do ceo nocturno.

Mercores 23 de setembro: encontro coa vicepresidenta da Deputación da Coruña para informala sobre o problema da contaminación luminosa.

Martes 29 de setembro: lectura no Parlamento de Galicia da Declaración institucional en defensa do ceo nocturno promovida pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.