Actividades baixo demanda

Elaboramos un catálogo de experiencias e actividades relacionadas coa astronomía, perfectamente adaptables ás necesidades da túa institución (escola, biblioteca, concello, asociación…).

A través delas gustaríanos contribuir a despertar a curiosidade en pequenos e maiores, así como achegarnos a todos os colectivos, baixo a idea de que unha ciencia inclusiva, equitativa e diversa é unha mellor ciencia.

Se tes calquera dúbida estaremos encantados de atenderte. Contacta connosco en: +34 604 05 49 06 ou no mail info@agrupacionio.com