2018.06.29_Cartel_coruña cientifica_1

Data: 25/06/2018

                  NOTA DE PRENSA

Eulalia Pérez e Minia Manteiga impartirán a mesa redonda “A muller na astronomía actual”, o 29 de xuño ás 19:00 horas na Domus.

O 29 de xuño, a investigadora Eulalia Pérez Sedeño e a astrofísica Minia Manteiga impartirán unha mesa redonda sobre a realidade das mulleres na astronomía, celebrándose ás 19:00 h. na Domus e tendo carácter gratuito.

A investigadora e filósofa Eulalia Pérez Sedeño e a astrofísica e docente Minia Manteiga, falarán o próximo 29 de xuño do presente das mulleres no mundo da astronomía. Como noutras disciplinas, as mulleres realizaron enormes aportacións ao longo da historia astronómica. Mulleres como Hipatia de Alexandría, Caroline Herschel ou Henrietta Swan Levitt escribiron a historia da astronomía coas súas achegas, máis cómpre mirar ao presente para saber se este gran patrimonio permanece. O perfil das ponentes, moi diferente pero complementario, pretende dar unha resposta global a esta pregunta.

Eulalia Pérez Sedeño, é filósofa e profesora de Investigación en Ciencia, Tecnoloxía e Xénero no CSIC. É unha das maiores referencias en filosofía da ciencia que temos actualmente no noso país.

Pola sua parte, Minia Manteiga Outeiro, é profesora de astrofísica na Escuela Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña. Astrofísica residente no Instituto Astrofísico de Canarias durante 6 anos, está especializada en evolución estelar e na aplicación da intelixencia artificial na análise de arquivos astronómicos.

Esta mesa redonda, inicia o ciclo de conferencias “Coruña científica” para o ano 2018. Esta iniciativa, que a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío estreou o ano pasado, pretende falar sobre diferentes áreas da astronomía dun xeito ameno e da man dalgúns dos maiores expertos da materia que hai no noso país.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío constituise en 2002 como resposta á inquedanza dun grupo de afeccionados á astronomía con dobre obxectivo de gozar do ceo estrelado e contaxiar esa paixón a outras personas. Nestes dezaseis anos foi crecendo paulatinamente e nos últimos tres duplicou a cifra de persoas asociadas. Na actualidade, está formada por máis de 170 socios. É a asociación deste tipo con maior número de membros de Galicia e a sétima de España.