Na madrugada do domingo 20 ao luns 21 de xaneiro terá lugar unha eclipse total de Lúa (podes consultar aquí un PDF do Observatorio Astronómico Nacional). A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío ten prevista unha observación pública da eclipse -se a meteoroloxía o permite- no Parque de Eirís, a partir das 4:30 da mañá, xusto a tempo para a entrada da sombra da Terra no disco lunar. Acompañádesnos? Permanecede atentos ao noso blog e redes sociais para recibir actualizacións sobre esta convocatoria, en particular polo variábel estado do tempo.

1 Comment

  1. Marisa Castiñeira 20 de Xaneiro de 2019 at 19:15 07Sun, 20 Jan 2019 19:15:16 +010016.

    A ver se temos sorte co tempo. Estou atenta e vou !!