– Celebrarase o sábado 15 de decembro ás 19.30h no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, con entrada gratuíta ata completar o espazo.

– A actividade enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Co título “Astronomía accesible, o no me chilles que no te veo”, a charla será impartida por Amelia Ortiz-Gil, do Observatorio Astronómico de Valencia e coordinadora de divulgación para España da Unión Astronómica Internacional.

A miúdo pénsase na astronomía como unha ciencia moi visual, baseada en imaxes fermosas e rechamantes. Mais… é iso certo? Ou, polo contrario, é posible que persoas con discapacidade visual, ou outras discapacidades, aprendan astronomía e mesmo se dediquen profesionalmente a esta disciplina? Nesta charla veremos como facer accesible a astronomía e as vantaxes que isto trae para todas as persoas.

Amelia Ortiz-Gil é Doutora en Astronomía e na actualidade traballa como divulgadora e educadora en distintos proxectos. Ademais, investiga na creación de novos materiais didácticos de contido astronómico adaptados para públicos con discapacidades.