CarroPolarDentro da serie de actividades É o Cosmos deseñada pola Biblioteca do Fórum Metropolitano para os meses de maio, xuño e xullo, este venres 22 de maio terá lugar unha observación astronómica no Parque Europa na que colabora a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Para levar un control da asistencia a Biblioteca do Fórum pide inscrición previa, que pode facerse online. En canto se faga de noite, despois das 22:30, e durante un par de horas, estades convidados a gozar connosco da observación do ceo.

Hashtag para as redes sociais: #ÉoCosmos!