En directo

Algunhas das observacións diúrnas e nocturnas das que participa a Agrupación Astronómica Ío son retransmitidas en directo, poderás seguilas en vivo dende aquí ou, tamén, reproducilas en diferido.

Accede á nosa canle de YouTube

ÚLTIMAS ACTIVIDADES:

eclipse parcial dende a Torre de Hércules
(21 de agosto de 2017)

A Agrupación Astronómica Ío, no marco das actividades realizadas no programa “A Nosa Estrela”, desenrolou unha actividade con motivo da eclipse solar dende a Torre de Hércules na Coruña. As persoas que se achegaron puideron realizar unha observación segura da eclipse de Sol. A Agrupación compartíu diferentes medios, entre eles un telescopio solar con filtro H-alfa, expresamente deseñado para a observación detallada da nosa estrela sen risco para os nosos ollos.

Esta eclipse foi de especial repercusión por ser total en gran parte de Estados Unidos. Dende A Coruña foi unha eclipse parcial, pero viviuse un momento moi especial ó ver poñerse o Sol no mar durante unha eclipse. Recordámosche que é moi perigoso observar o Sol, tamén durante a eclipse, sen a protección axeitada. O risco aumenta se se empregan ferramentas ópticas como prismáticos ou telescopios, que poden danar o ollo de maneira irreversible en cuestión de segundos.

Inicio da eclipse parcial:
20:43

Máxima ocultación (13%):
21:18

Final do ocaso:
21:27

Imaxes en directo dende a Torre de Hercules


Podes ver unha simulación do fenómeno en timeanddate.com

Aquí podes ver a eclipse total retransmitida pola axencia espacial NASA

TRÁNSITO DE MERCURIO

(9 de maio de 2016)

O 9 de maio de 2016 a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses realizamos un directo do Tránsito de Mercurio dende a Coruña (Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarida). Polas condicións meteorolóxicas non foi posibel facer o seguemento completo, pero igualmente fixemos unha gravación do ambiente vivido durante a xornada.

Nota: recorda que os instrumentos ópticos empregados nesta observación teñen filtro solar e que resulta nocivo para a vista observar o sol sen protección.

Ademais de vivir o tránsito dende A Coruña, estivemos atentos ao ceo doutras localizacións, e así foi que compartimos convosco varios directos dende outras posicións: o emitido por STARS4ALL e Sky-Live TV dende El Teide (Tenerife) e Glaciar Vatanajökull (Islandia) (volve a velo pinchando aquí) (tamén podes volver a ver a retransmisión da RTVE en colaboración con SKY-LIVE.TV e cos comentarios de Miquel Serra pinchando aquí); o emitido pola ESA dende Cerro Paranal (Atacama) e o Centro Europeo de Astronomía Espacial (Madrid) (volve a velo pinchando aquí); e a cobertura da NASA dende o Solar Dynamics Observatory (accede ao video compleo aquí e ás capturas con distintos espectros aquí).

Dende os canles de divulgación do Instituto de Astrofísica de Canarias (o tránsito de Mercurio según IAC divulgación) e da National Aeronautics and Space Administration (o tránsito de Mercurio según NASA divulgación) explicaron o fenómeno do Tránsito de Mercurio. Na nosa aposta por achegar a astronomía á cidadanía publicamos unha entrada no noso blog explicando en que consiste un tránsito e como se desenvolveu a actividade no Parque de Santa Margarida.

Gran repercusión de la observación del tránsito de Mercurio en A Coruña

A Federación de Asociacións Astronómicas de España recolleu nun mapa as observacións realizadas polas distintas agrupacións astronómicas que organizaron actividades entorno ao trásnito de Mercurio (podes velo aquí). Os datos horarios do tránsito de Mercurio o 9 de maio de 2016 foron (información según hora local) :

Observación organizada pola A.A. Io cos mc2

  • Primeiro contacto do disco de Mercurio co disco Solar, tivo lugar ás 13:12h a unha altura de 62’6º, durante tres minutos o planeta adentrouse no disco Solar.
  • Segundo contacto: o disco de Mercurio estivo totalmente diante do Sol dende as 13:15h e durante varias horas a unha altura de 62’9º. Máximo: Mercurio estivo o máis próximo posible ao centro do disco solar ás 16:56h a unha altura de 49º.
  • Tercer contacto: Mercurio comezou a saír do disco Solar ás 20:37h a unha altura de 8’1º.
  • Cuarto contacto: fin do tránsito ás 20:40h a 7’5º de altura.