cartel astronomiaMañá luns 1 de xuño na biblioteca do Fórum Metropolitano o noso compañeiro na Agrupación Astronómica Coruñesa Ío Óscar Blanco impartirá unha charla co título As estrelas, máis preto do que imaxinas. Será a partir das 19h, con entrada libre.

A actividade forma parte do ciclo É o Cosmos, que prosegue nas próximas semana. Este mesmo xoves haberá un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 5 a 7 anos, O ceo é para todos, no que as estrelas, os planetas e os telescopios servirán de punto de partida para analizar brevemente o espazo. A isto unirán música, danza, expresión artística e teatral para enriquecer a interpretación que os máis pequenos teñen do universo.