cartel astronomiaCo título «É o cosmos», a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano organiza durante os meses de maio, xuño e xullo unha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción, ademais de diversas actividades que podedes consultar neste sitio web.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participa neste ciclo de accións divulgativas cunha observación astronómica que terá lugar o venres 22 de maio a partir das 22:30 no Parque Europa. Ademais, Óscar Blanco impartirá unha charla o luns 1 de xuño na biblioteca do Fórum co título As estrelas, máis preto do que imaxinas, e uns días despois, o xoves 11 de xuño, Martin Pawley falará no mesmo espazo sobre cinema e astronomía.

Para saber máis: versión online da guía da mostra bibliográfica.

Hashtag para as redes sociais: #ÉoCosmos!