IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Setembro 2017 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) IAU lanza astroEDU en italiano
2) Candidaturas ao Premio de Doutoramento IAU
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas do Estado de Palestina
4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Corea do Sur
5) O blog do Observatorio Europeo Austral (ESO)
6) Experimento de Eratóstenes de setembro de 2017
7) Proxecto de divulgación da astronomía e os telescopios históricos
8) Proxecto PLATON
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

O noso equipo pasou a semana pasada coa atención centrada nos momentos finais da Cassini. Foi unha viaxe incríbel e sentímolo como a despedida a un vello amigo. Adeus, Cassini, e grazas por toda a ciencia impresionante que nos deixas!

Unha mensaxe especial para as persoas que nos len dende Italia: agora podedes desfrutar da plataforma astroEDU da IAU en italiano. Divertídevos explorando todas as emocionantes actividades educativas revisadas por pares. Animámosvos a propoñer os vosos traballos e contribuír ao fondo de recursos que astroEDU ofrece.

Neste número traémosvos unha vez máis as últimas novas de divulgación e educación astronómica de todo o mundo, entre as que destacan o experimento de Eratóstenes, setembro de 2017; ESOblog, o novo blog do Observatorio Europeo Austral, e a nova plataforma educativa PLATON.

Feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) IAU lanza astroEDU en italiano

A primeira plataforma de recursos educativos en astronomía revisados por pares en lingua italiana foi lanzada no LXI Congresso della Società Astronomica Italiana en Padua, Italia. A plataforma astroEDU permítelle aos educadores e ás educadoras descubrir, revisar, distribuír, mellorar e combinar actividades científicas, en particular aquelas que poñen o foco na astronomía, as ciencias da Terra ou as ciencias do espazo, e ofrece un servizo gratuíto de revisión por pares por profesionais da educación e a ciencia.

Podes atopar máis información sobre a plataforma aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann17035/

2) Candidaturas ao Premio de Doutoramento IAU

O Premio de Doutoramento IAU recoñece os logros científicos excepcionais en astrofísica en todo o mundo. Cada división da IAU (incluída a División C da IAU, dedicada a Educación, Divulgación e Patrimonio) ten, unha vez ao ano, a oportunidade de outorgar o seu propio premio á persoa candidata que desenvolvera o traballo máis salientábel do ano anterior. O Premio de Doutoramento IAU é unha excelente oportunidade para obteren visibilidade e recoñecemento as figuras novas e talentosas do mundo da ciencia. A data límite para as candidaturas é o 15 de decembro de 2017.

Toda a información sobre o procedemento para facer propostas ao Premio de Doutoramento está aquí: https://www.iau.org/science/grants_prizes/phd_prize/

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas do Estado de Palestina

a) O Desafío Tecnolóxico Astronómico – Desafío GATA

O desafío de aplicacións tecnolóxicas astronómicas de Gaza (Gaza Astronomy Techno-Apps Challenge, GATA Challenge) é unha actividade realizada na faixa de Gaza que ofrece unha oportunidade para calquera que teña ideas sobre a difusión das ciencias astronómicas empregando diversas tecnoloxías.

Aprende máis sobre o proxecto aquí: https://www.facebook.com/gatacamp/

4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Corea do Sur

a) Programa KASI de formación do profesorado, KTT

O KTT, programa de formación do profesorado sobre astronomía e ciencias do espazo de Corea do Sur, vén desenvolvéndose durante as vacacións de verán e inverno durante os últimos 22 anos. Os grupos, de arredor de 40 persoas, divídense en aulas en función do nivel (iniciación ou medio). A formación pon o foco principalmente no uso de telescopios, as tendencias na investigación astronómica e na posta en común de experiencias na xestión de clubes de estudantes. Perto de 6000 profesores e profesoras participaron do programa KTT ao longo dos últimos 22 anos.

Podedes ver fotos da programa do ano pasado nesta ligazón: http://bit.ly/2f9aqeD

5) O blog do Observatorio Europeo Austral (ESO)

O ESO ten un novo blog: o ESOblog! O proxecto pretende compartir historias dun dos máis produtivos observatorios con base na Terra con lectores de todos os ámbitos da vida. O ESO opera na actualidade cunha impresionante colección de telescopios equipados con varias ducias de instrumentos que, en conxunto, están empurrando a investigación astronómica cara a descubrimentos impresionantes. Detrás deste traballo fican ocultas asombrosas historias sobre o persoal do observatorio, a tecnoloxía e a ciencia que alí nace. O ESOblog naceu do desexo de compartir máis das interesantes historias do Observatorio, que vaian máis alá das novas xa lanzadas.

Podes saber máis neste enderezo: https://www.eso.org/public/blog/

6) Experimento de Eratóstenes de setembro de 2017

Volve o experimento logo do gran éxito de marzo deste ano, cando máis de 670 escolas de todo o mundo participaron na iniciativa. O experimento de Eratóstenes de setembro de 2017 terá lugar o próximo día 22. Non perdas a oportunidade de participar nesta fascinante iniciativa internacional. Inscribe a túa escola indicando a lonxitude e a latitude. Ademais, podes gañar unha bolsa para participar na Escola de Verán da Academia Europea do Ensino das Ciencias en Grecia en 2018.

Tes toda a información e últimas novas no sitio web oficial.

7) Proxecto de divulgación da astronomía e os telescopios históricos

O Museo da Astronomía e as Ciencias Relacionadas (MAST) está facendo consultas ás institucións de todo o mundo que usan telescopios con valor histórico para actividades públicas de observación do ceo, coa idea de compilar toda esta información nunha guía. O proxecto intenta espertar conciencia sobre a historia da astronomía e precisa da vosa axuda. Se a túa institución posúe un telescopio deste tipo, por favor enche este cuestionario. Todas as institucións que participen na guía recibirán unha copia.

A túa colaboración é importante. Para resolver calquera dúbida, contacta co equipo do MAST en historicaltelescopes[at]mast.br.

8) Proxecto PLATON

Transforma a túa aula de ciencias nun espazo emocionante onde os estudantes empreguen a súa creatividade e imaxinación! O equipo PLATON ofrece formación e ferramentas que conducen a un enfoque centrado no estudante que favorece a aprendizaxe interdisciplinar e promove as competencias do século XXI. Os profesores e profesoras poden traballar en colaboración con outros docentes da escola usando ferramentas de investigación e aprendizaxe interdisciplinar. Ao participar en PLATON, poderás compartir o teu traballo cunha ampla comunidade educativa no teu propio país e en toda Europa. Mesmo poderás chegar a formar outros docentes e compartir con así os teus coñecementos.

Para saber máis sobre PLATON, visita este sitio web: http://platon-project.eu/

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Próximas actividades

a) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/

b) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

c) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

d) Astrónomos Novos do Leste Asiático 2017 (EAYAM2017)
Data: do 13 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Ishigaki, Okinawa, Xapón
Máis información: http://www-irc.mtk.nao.ac.jp/eayam/2017/index.html

e) Astronomical Heritage of the Middle East
Datas: do 13 ao 17 de novembro
Lugar: Yerevan, Armenia
Máis información: http://unesco.aras.am/

f) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/

g) Astrobioloxía 2017
Datas: do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Lugar: Coyhaique, Chile
Máis información: http://astrobiology2017.org/

h) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

i) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18

l) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao español, elaboradas por:

Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;

Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;

ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.