IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Novembro 2016 #1

Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Premio de Doutoramento da IAU
2) Oficina da IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) Boletín #14
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Indonesia
4) Desafío Europeo Astro Pi: deseña o teu experimento na Estación Espacial Internacional
5) Programa de Financiamento para a Participación do Público Europlanet
6) Libro de Introdución á Astronomía de uso libre
7) Concurso do Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS)
8) Portal de contratación do Observatorio Europeo do Sur (ESO)
9) Encontros e actividades globais
10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016

0) Nota dos editores

Nesta edición aprenderemos máis sobre o Desafío Astro Pi promovido pola Axencia Espacial Europea, o concurso do Telescopio Mundial da Sociedade Astronómica Americana e o programa de financiamento para a participación do público Europlanet. E non esquecemos que está xa na rede o boletín #14 da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento. Feliz lectura!

Queremos unha vez máis dar as grazas aos tradutores do boletín de divulgación astronómica da IAU polo seu apoio para levar todas as novas de educación e divulgación astronómica á comunidade. O equipo desexaría estender este agradecemento a todos os afeccionados á astronomía en todo o mundo que comparten con nós novas dos seus países. Sentímonos inspirados polas actividades que promovedes, pola vosa creatividade e esforzo. E non esquecemos os nosos Contactos de Divulgación Nacional (NOCs) que seguen a mandarnos información das accións e actividades dos seus países respectivos; neste número salientamos as novas que veñen de Indonesia.

Para rematar, non esquezades gozar da Lúa o 14 de novembro e compartir a vosa experiencia tanto como poidades coa xente de todo o planeta!

Ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Premio de Doutoramento da IAU

A Unión Astronómica Internacional anunciou un novo premio, o Premio de Doutoramento IAU, para recoñecer a excelencia dos achados científicos en astronomía en todo o mundo. Calquera que rematase un doutorado no último ano pode postularse para o premio antes do 15 de decembro. As solicitudes poden formularse a través de calquera das nove seccións da IAU, unha delas a Sección de Educación, Divulgación e Patrimonio. Cada ano outorgaremos un premio nun destes campos: educación astronómica, comunicación astronómica e historia ou patrimonio astronómico.

Podedes ler aquí o anuncio oficial do premio: http://www.iau.org/news/announcements/detail/ann16044/

2) Boletín #14 da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD)

O boletín #14 da OAD IAU está agora na rede. Publícao cada trimestre a Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) e nel podes aprender cousas sobre as últimas actividades do OAD. Entre os aspectos máis destacados deste número está a participación da OAD na Conferencia da Casa Branca e os Proxectos Visitantes do OAD.

Podes ler máis aquí: http://bit.ly/2fk8YWD.

O boletín está tamén dispoñible en formato PDF no sitio web da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD): www.astro4dev.org/media/newsletters/.

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Indonesia

a) Concurso de ensaio astronómico – LEAP

langitselatan é un grupo indonesio de educación e divulgación da astronomía que emprega Internet para comunicar astronomía e realiza accións de aprendizaxe e práctica na astronomía. langitselatan (LS) convida o público indonesio a participar no “Lomba Esai Astronomi Populer” ou LEAP, un concurso de ensaio astronómico. O obxectivo deste concurso é promover o coñecemento da astronomía entre o público xeral en Indonesia e inspiralos para que compartan o que saben, os seus soños e as súas opinións sobre a astronomía. O concurso está aberto até o 20 de novembro de 2016 e o resultado anunciarase o 5 de decembro de 2016.

Toda a información respecto desta actividade pode atoparse (en indonesio) aquí: http://langitselatan.com/leap

4) Desafío Europeo Astro Pi: deseña o teu experimento na Estación Espacial Internacional (ISS)

Astro Pi é o nome dun pequeno computador desenvolvido pola Fundación Raspberry Pi en colaboración coa Axencia Espacial do Reino Unido e a Axencia Espacial Europea (ESA). Dous destes ordenadores están a bordo da ISS para uso dos estudantes. O Desafío Europeo Astro Pi convida a estudantes de escolas e institutos a deseñar un experimento científico que poida desenvolverse empregando os sensores de Astro Pi e a escribir o código informático para programar o Astro Pi para que execute o experimento na ISS. A data límite para rexistrarse é o 13 de novembro de 2016.

Podes ler máis sobre este desafío aquí: http://bit.ly/2f7VQ97

5) Programa de Financiamento para a Participación do Público Europlanet

Europlanet é un proxecto que xunta institucións de investigación e empresas activas na investigación de ciencia planetaria en Europa e o resto do mundo. Hai pouco abriuse o prazo de solicitudes para o Programa de Financiamento para a Participación do Público Europlanet 2017. Ofrecerá apoios de entre 5000 e 15000 euros para o financiamento de proxectos que acheguen ao público a ciencia planetaria. A través deste programa de financiamento, Europlanet alenta novas maneiras de traer a ciencia planetaria a audiencias de toda Europa e servir de inspiración a unha nova xeración de científicos e enxeñeiros. As solicitudes están abertas até o 31 de xaneiro de 2017.

Máis información: http://www.europlanet-eu.org/outreach/funding-scheme/

6) Libro de Introdución á Astronomía de uso libre

Un novo manual de iniciación titulado “Astronomía” vén de ser publicado por OpenStax, un proxecto internacional sen ánimo de lucro que desenvolve libros de texto introdutorios de grande calidade que está a libre disposición dos estudantes. A editorial está apoiada por diversas fundacións (entre elas as fundacións Gates e Hewlett) e o libro benefíciase das achegas de máis de 75 astrónomos e educadores en astronomía, asegurando que o texto está actualizado, é rigoroso e ten solidez educativa.

O libro é gratuíto para estudantes e profesores na súa versión electrónica e pode atoparse aquí: https://openstax.org/details/astronomy.

7) Concurso do Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS)

A Sociedade Astronómica Americana (American Astronomical Society, AAS) promove unha competición para crear as mellores experiencias visuais usando o sistema de Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS-WWT). Se ti es un usuario experimentado do WWT e creaches un tour WWT, un módulo interactivo para sitios web ou un vídeo, ou se es un usuario novo do WWT mais tes unha historia astronómica que contar, presenta a túa solicitude en calquera destas tres categorías: Investigación, Educación ou Planetario. A competición está aberta a todas as persoas e acéptanse solicitudes até as 5 p.m. do 16 de decembro, horario do leste dos EEUU.

Máis información aquí: http://worldwidetelescope.org/news/2016wwtprize

8) Portal de contratación do Observatorio Europeo do Sur (ESO)

ESO anuncia convocatorias de traballo no seu portal de contratación. Isto dá a oportunidade de traballar nun ambiente verdadeiramente internacional, con acceso a tecnoloxía de vangarda e investigación científica de fronteira. ESO esfórzase en atraer e fixar o talento excepcional para soster o seu desenvolvemento como líder mundial en astronomía, contratando persoas que demostran unha variedade de grandes aptitudes, entre elas a integridade, excelencia académica, iniciativa, capacidade para resolver problemas e liderado. Hai agora sete postos de traballo convocados na ESO, un deles de astrónomo investigador e outro como bolseiro de xornalismo científico.

Máis información sobre as oportunidades de traballo do ESO: https://recruitment.eso.org/

9) Encontros e actividades globais

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo.

a) Engadidos hai pouco

10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: 6-8 de abril, 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

b) Próximas actividades

a) IX Conferencia Internacional de Astronomía Oriental
Data: 15–18 de novembro, 2016
Lugar: Pune, India
Máis información: icoa2016.tifr.res.in

b) Rede Astronómica do Sueste Asiático (Southeast Asia Astronomical Network, SEAAN)
Data: 12 e 13 de novembro, 2016
Lugar: Hanoi, Vietnam
Máis información: https://vnsc.org.vn/seaan2016

c) Campamento Astronómico ESO
Data: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017
Lugar: Aosta Valley, Italy.
Máis información: http://www.eso.org/public/announcements/ann16031/

d) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: 5-7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html

e) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: 6-8 de abril, 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

f) Sociedade Planetaria Internacional
Data: 1–6 de xullo, 2017
Lugar: Toulouse, France
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

g) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: 3–7 de xullo, 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

h) Simposio Internacional de Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: 3–8 de xullo, 2017
Lugar: Utrecht, Netherlands
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) Boletín de Divulgación Astronómica da IAU noutros idiomas

a) Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

b) Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

[só números antigos] En español, pola Sociedad Española de Astronomía: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

c) Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU 2016

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2016! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.