IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Marzo 2017 #1

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas dos EEUU
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Portugal
3) Planetario Naval Hill: proxecto de desenvolvemento de contidos adaptados ao contexto
4) SkyLight – Ópera científica global: a canción e a danza dos refuxiados
5) Conmemorando a primeira muller astrónoma: Hipatia de Alexandría
6) Celebremos os planetarios en todo o mundo!
7) “Making the Case”: Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
8) Os mundos do patio de atrás: Planeta Nove
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

Neste número, prestámoslle atención aos mundos distantes e unímonos á busca do Planeta Nove. Se es fan de Hipatia de Alexandría entón vota para facer do 20 de marzo o Día de Hipatia! E descubre máis sobre os últimos proxectos financiados pola IAU OAD en 2017; desta volta, o desenvolvemento de novos contidos para planetarios.

Queremos salientar as contribucións para o noso Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC) e outros membros da comunidade que seguen compartindo as súas actividades nacionais connosco. Sentímonos verdadeiramente inspirados ao ver tantas colaboracións internacionais que crecen dende o que unha vez foron actividades locais para acadar un impacto rexional e incluso internacional.

Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas dos EEUU

a) Concurso da moeda de Maunakea

O concurso da moeda de Maunakea anima a descubrir a converxencia entre a astronomía (o ceo nocturno, as constelacións e os telescopios) e a cultura hawaiana de Maunakea (as plantas, animais, insectos, o medio ambiente e a historia natural) entre os estudantes de primaria e secundaria de Hawai’i, a illa maior do arquipélago. Os estudantes son convidados a crear o deseño dunha moeda que inclúa tanto a astronomía como os temas hawaianos relacionados con Maunakea e expresar o seu “aloha” (https://en.wikipedia.org/wiki/Aloha) e respecto pola impresionante montaña. A data límite para participar é o venres de 10 de marzo de 2017.

Podes saber máis sobre o concurso: http://mkaoc.org/coin/2017

2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Portugal

a) AstroCamp 2017

O Observatorio Europeo Austral (ESO) e o Centro de Astrofísica da Universidade do Porto (CAUP) colaboran para apoiar AstroCamp 2017, un programa académico de verán enfocado á astronomía para estudantes de secundaria. O AstroCamp 2017 celebrarase do 6 ao 20 de agosto no norte de Portugal, no espazo protexido do Centro de Educación e Interpretación Ambiental do Corno de Bico. O participante coa mellor solicitude dun dos países membros da ESO que poida concorrer gañará unha bolsa ofrecida pola ESO que cubrirá o custo do campamento.

Máis info (en inglés): http://www.eso.org/public/unitedkingdom/announcements/ann17006/?lang

3) Planetario Naval Hill: proxecto de desenvolvemento de contidos adaptados ao contexto

Este é un dos proxectos financiados en 2017 polo Grupo Operativo 3 – Divulgación pública e atenderá ao desenvolvemento de novos contidos para planetarios. O planetario Naval Hill é na actualidade o único planetario dixital de Sudáfrica e os seus usuarios proceden de diversas orixes culturais e socioeconómicas. Para facer accesíbeis e relevantes as películas de planetario (típicas dos países desenvolvidos no hemisferio norte), o equipo do planetario Naval Hill producirá contido full-dome para planetario e traducirá o contido existente que sexa culturalmente relevante e fale das necesidades da poboación local.

Podes atopar máis detalles aquí: http://www.astro4dev.org/blog/2017/02/07/overview-of-project-nhp/

4) SkyLight – Ópera científica global: a canción e a danza dos refuxiados

SkyLight – Ópera científica global é un proxecto oficialmente apoiado por IAU-Cosmic Light, proxecto do Ano Internacional da Luz 2015 da UNESCO (IYL2015) e é a primeira ópera científica da historia escrita en colaboración por unha comunidade internacional de nenos, profesores, científicos e artistas de 35 nacións. “A canción e a danza dos refuxiados” é o final da edición de 2016. Celebra e comparte as contribucións da ciencia moderna para a nosa comprensión da orixe común da humanidade nas estrelas, e como agora temos un coñecemento detallado das nosas interdependencias, interrelacións e interconexións.

Podes atopar o novo final da Ópera Skylight como unha canción e danza que representa a nosa orixe común con estrelas aquí: https://www.youtube.com/watch?v=MWXAvdmRMcM

5) Conmemorando a primeira muller astrónoma: Hipatia de Alexandría

Atención, admiradores de Hipatia de Alexandría de todo o mundo! Na actualidade estase a propoñer o 20 de marzo como data ideal para conmemorar a primeira muller astrónoma, Hipatia de Alexandría. Posto que o pedimento está collendo forza -hai máis de 40 países detrás, Uruguay, Colombia, Venezuela, Nicaragua e Chile uníronse hai pouco- a organización está animándose a formalizar unha proposta á UNESCO de tal forma que no Día de Hipatia poidamos celebrar o día da Muller na Ciencia.

Podes votar e aprender máis do proxecto aquí: http://bit.ly/2kKt1TA

6) Celebremos os planetarios en todo o mundo!

O obxectivo do Día Internacional dos Planetarios (IDP) é envolver a comunidade internacional de planetarios nunha acción conxunta que promova o coñecemento dos planetarios entre o público. A IDP foi concibida inicialmente pola Associazione Amici dei Planetari en Italia. En 1995, cando outros planetarios en Europa se sumaron á celebración, converteuse nun verdadeiro día internacional. Hoxe celébrase ademais nos Estados Unidos e Australia e agárdase que siga medrando até ter alcance global.

O Día Internacional dos Planetarios (IDP) celebrarase o 12 de marzo de 2017 e todos os planetarios, sexa cal for a súa filiación, están convidados a tomar parte. Máis información: https://ips-planetarium.site-ym.com/?page=IDP

7) “Making the Case”: Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais

“Making the Case: Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais” é un obradoiro de tres días que achegará nun foro aos responsábeis de educación, divulgación e comunicación dos proxectos de astronomía e física de altas enerxías para debater algunhas cuestións fundamentais de proxectos de ciencia internacionais de gran escala. O obradoiro terá lugar do 11 ao 13 de abril en Pasadena, California.

Máis información, aquí: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

8) Os mundos do patio de atrás: Planeta Nove

“Backyard Worlds” (os mundos do patio de atrás) agarda descubrir un gran planeta nos confíns do noso sistema solar, un mundo que os astrónomos chaman Planeta Nove. Mais Backyards Worlds precisa a túa axuda! Atopar obxectos tan débiles require escrutar as imaxes a ollo, para distinguir os corpos celestes que se moven de trazas e outros artefactos visuais. Así que animádevos e unídevos á busca, hai moitas imaxes que observar. En última instancia descubrirás un mundo que está aínda máis preto do Sol que Próxima Centauri!

Descubre máis deste proxecto e como participar aquí: https://www.zooniverse.org/projects/marckuchner/backyard-worlds-planet-9

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/

Datas importantes

13º Encontro IAU da Rexión Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Nova data límite para o envío de propostas: 15 de marzo de 2017
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan.
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

Próximas actividades

a) Congreso de Imaxes de Ceo Profundo de Europa Central (CEDIC)
Data: do 10 ao 12 de marzo de 2017
Lugar: Linz, Austria
Máis información: http://www.cedic.at

b) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/

c) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

d) Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
Data: do 11 ao 13 de abril de 2017
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

e) Noite de Yuri
Data: 12 de abril
Lugar: en todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/

f) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home

g) Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/

h) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

i) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

l) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

m) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

n) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

ñ) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

o) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

p) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

q) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

r) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

s) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

t) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.