IAU Boletín BlogBoletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Marzo 2017 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) “Astronomía para todos” durante o Mes da Astronomía Global
2) Adestramento básico para profesores de primaria e secundaria
3) O ceo en bicicleta
4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Serbia
5) Prepárate para o Mes de Astronomía Global 2017
6) O proxecto Megafilme da Eclipse
7) Contidos interactivos para educadores sobre contaminación luminosa
8) Libro electrónico gratuíto: 101 acontecementos astronómicos de 2017
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

Abril está á volta da esquina e, como sempre, con el vén o moi anticipado Mes da Astronomía Global promovido por Astrónomos Sen Fronteiras. Animámosvos a participar activamente e unirvos ás numerosas celebracións en todo o mundo. É unha oportunidade para compartir o ceo nocturno coa familia e amigos, mais tamén unha oportunidade para contactar con moita xente diferente no mundo e facer unha celebración compartida, baixo un mesmo ceo.

Neste número, planificamos os principais acontecementos astronómicos do ano co libro electrónico gratuíto de Universe Today. Descubrimos dous proxectos inspiradores da nosa oficina irmá, a Oficiona de Astronomía para o Desenvolvemento: o Ceo en bicicleta, para os nenos desfavorecidos da India, e un obradoiro deseñado para promover a astronomía aos profesores de ciencias en Nixeria. E se es un entusiasta da fotografía, aprende como participar no Proxecto Eclipse Megafilme.

Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) “Astronomía para todos” durante o Mes da Astronomía Global

Para o Mes da Astronomía Global 2017, o Grupo de Traballo IAU de Astronomía para a Igualdade e a Inclusión uniu forzas con Astrónomos Sen Fronteiras e compilou unha listaxe de trinta recursos para promovelos durante o mes de abril. Os trinta recursos conforman unha colección gratuíta e aberta para facilitar o desenvolvemento de actividades para persoas con discapacidades. Esta colaboración entre os dous grupos é tamén unha chamada á acción para todas as persoas que desexan poñer en práctica actividades inclusivas e queiran coñecer máis sobre como crear e desenvolver recursos para a xente con discapacidades.

Podes saber máis nesta ligazón: http://astronomerswithoutborders.org/gam2017-resources/astronomy-for-all.html

2) Adestramento básico para profesores de primaria e secundaria

O proxecto “curso básico de ciencia espacial para profesores de primaria e secundaria” recibiu o apoio da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento 2017 do Grupo Operativo 2 – Infancia e escolas. O curso é un obradoiro deseñado para promover a apreciación da astronomía entre os profesores de ciencia de primaria e secundaria de Nixeria. O obradoiro desenvolverase en dous lugares: en Nsukka (Enugu), do 20 ao 22 de abril; e en Port-Harcourt (Rivers) do 23 ao 25 de abril. Todos os profesores nixerianos de escolas de primaria e secundaria poden postular ao curso até o 6 de abril de 2017.

Máis información: http://bit.ly/2mAkiA6

3) O ceo en bicicleta

O proxecto “O ceo en bicicleta” foi financiado en 2016 pola Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento, no Grupo Operativo 3 – Divulgación pública, co propósito de popularizar a ciencia a través da astronomía e as ciencias do espazo. Este proxecto leva introducindo as marabillas do ceo nocturno a grupos de persoas desfavorecidas na India. Transportan os telescopios en bicicleta e os levan a lugares onde se reúne o público. O obxectivo foi fomentar a educación científica e disipar mitos relacionados con fenómenos celestes, comúns en moitos lugares da India. O equipo visitou as ONGs locais para atender a curiosidade dos nenos desfavorecidos, para chegar a uns 450 nenos dos suburbios próximos e espazos equivalentes.

Tes máis información aquí: http://www.astro4dev.org/blog/category/tf3/the-sky-on-a-bike/

4) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Serbia

a) Aktuelna Astronomija Online

Un novo boletín semanal e gratuíto, o AAO – Aktuelna Astronomija Online (Novas de actualidade astronómica online) está xa dispoñíbel para todos os falantes de serbio. O boletín AAO incluirá os acontecementos astronómicos internacionais e outras curiosidades relacionadas coa astronomía. Publicarase na rede cada semana en lingua serbia e cada novo número estará listo para descarga o domingo.

Podes ler os últimos números aquí: http://bit.ly/AAObilten

b) Nova Galaksija

A nova revista online de ciencia “Nova Galaksija” foi lanzada e está xa dispoñíbel en lingua serbia. A revista está inspirada nunha vella revista popular iugoslava, “Galaksija”, que se publicou entre 1972 e 2001. Agardamos que a nova revista demostre ser unha digna sucesora e convidámosvos a explorala en http://galaksijanova.rs/

c) Radio Galaksija

O programa de radio e podcast de astronomía “Radio Galaksija” leva emitíndose dende 2008 e chegou á súa edición número 100 en outubro de 2016. O programa emítese en lingua serbia e todos os episodios poden atoparse online canda o último -o 104- sobre a historia da astroomía: https://www.mixcloud.com/radiogalaksija/

5) Prepárate para o Mes de Astronomía Global 2017

Este ano o Mes da Astronomía Global toca coma sempre unha gran variedade de contidos: a Festa das Estrelas Global o 1 de abril, o Maratón Messier Online do 4 de abril; o Concerto Cósmico o 28 de abril, e moitas máis celebracións especiais ao longo de todo o mes. Déixate guiar polo lema dos Astrónomos Sen Fronteiras “Un pobo, un ceo” e xúntate ás celebracións en todo o mundo.

Astrónomos Sen Fronteiras ten unha longa listaxe de actividades preparada. Aquí é o que podes agardar en 2017:

1 marzo – 1 maio: Concurso de astropoesía
25 marzo – 30 abril: Concurso fotográfico 2017 internacional Ceo e Terra
1 abril: Festa das Estrelas Global
1-30 abril: Campaña de busca de asteroides Astrónomos Sen Fronteiras
1-30 abril: Descubrir o sistema solar
1-30 abril: Exploración lunar 2017
1 abril – 1 maio: Concurso de astroartes
1 e 28 abril: A Lúa sobre as Hiades
4 abril: Maratón Messier online
5 abril: Camiñar sobre a Lúa
7 abril: Colaboración arte e ciencia – podcast
7 abril: Observación de Xúpiter
10-28 abril: Mirar a Lúa
14 abril: Colaboración arte e ciencia – podcast
18-27 abril: Globe at night
20-23 abril: Observación das líridas
22 abril: Estrelas para todos
22-28 abril: Semana “International Dark Sky” 2017
23 abril: Día do Sol
28 abril: Concerto cósmico para o Mes Astronómico Global
30 abril: OPTICKS

Para saber máis, http://astronomerswithoutborders.org/gam2017-programs/program-schedule-2017.html

6) O proxecto Megafilme da Eclipse

Colabora cun proxecto pioneiro de ciencia cidadá: o Megafilme da Eclipse! O proxecto procura fotografías da eclipse solar do 21 de agosto para facer un filme con imaxes de costa a costa a través dos Estados Unidos. O equipo que coordina o proxecto persegue a participación de fotógrafos experimentados para axudar na creación do filme e no apoio á ciencia solar. O obxectivo final é recrutar máis de mil fotógrafos afeccionados e astrónomos que sigan o paso da totalidade o 21 de agosto de 2017. Os membros do equipo recibirán adestramento e proporcionarán unha imaxe de práctica antes da eclipse.

Tedes máis información na nota de prensa oficial da UC Berkeley e visitando o sitio web oficial do proxecto: https://eclipsemega.movie/.

7) Contidos interactivos para educadores sobre contaminación luminosa

Para promover a comprensión da importancia de reducir e eliminar a contaminación luminosa a International Dark Sky Association (IDA) compilou unha listaxe de contidos interactivos para dar apoio aos educadores que desexen incorporar a contaminación luminosa ao currículum escolar. Os contidos van dende “Demasiado brillo pola noite?”, creado por ScienceNetLinks, a “Actividades prácticas: medindo a contaminación luminosa”, de Teach Engineering; o conxunto abrangue sete contidos en total.

Se queredes ter máis información, visitade http://bit.ly/2ntan3M

8) Libro electrónico gratuíto: 101 acontecementos astronómicos de 2017

“101 acontecementos astronómicos de 2017” é un libro electrónico gratuíto lanzado por Universe Today e escrito por David Dickinson. Astrónomos afeccionados como Cory Schmitz (Photographing Space) e Paul Stewart (The Upside Down Astronomer) achegan algunhas das súas fermosas fotografías. Este libro anímavos a saír fóra cos vosos amigos e familiares e gozar dos mellores acontecementos astronómicos de 2017, como as ocultacións, eclipses, chuvias de meteoros e moitas máis.

Podes atopar o libro aquí: http://bit.ly/2nf76V1

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0

Datas importantes

Simposio internacional sobre educación en astronomía e astrobioloxía
Deadline para envío de propostas: 1 de abril de 2017
Data: 3-7 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

Próximas actividades

a) Congreso de Imaxes de Ceo Profundo de Europa Central (CEDIC)
Data: do 10 ao 12 de marzo de 2017
Lugar: Linz, Austria
Máis información: http://www.cedic.at

b) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/

c) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k

d) Divulgación e comunicación para grandes proxectos científicos internacionais.
Data: do 11 ao 13 de abril de 2017
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://conference.ipac.caltech.edu/wepoc2017

e) Noite de Yuri
Data: 12 de abril
Lugar: en todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/

f) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home

g) Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/

h) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

i) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

l) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

m) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

n) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

ñ) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

o) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0

p) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

q) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

r) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

s) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

t) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

u) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.